O Festival de Cannes selecciona por primeira vez en competición oficial dúas películas subvencionadas pola Xunta de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • 'Sirat', de Oliver Laxe, e 'Romería', de Carla Simón, serán ademais as únicas producións españolas que competirán este ano pola Palma de Ouro
  • Laxe estreará o seu novo filme no prestixioso festival francés, que o recibe na súa sección central despois do éxito dos seus tres anteriores traballos nas competicións paralelas da mostra gala
  • Carla Simón presenta a súa terceira longametraxe, filmada en Galicia co apoio do fondo para a atracción de rodaxes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

O audiovisual galego vén de acadar un novo fito coa selección na sección oficial do Festival de Cannes de dúas películas con participación galega e subvencionadas pola Xunta. Sirat, do galego Oliver Laxe, e Romería, rodada en Galicia pola catalá Carla Simón, serán ademais as únicas producións españolas que competiran este ano pola Palma de Ouro, a máxima distinción do prestixioso certame francés, que desenvolverá a súa 78ª edición do 13 ao 24 de maio.

A cuarta longa de Laxe contou cunha axuda de 260.000 euros a través da convocatoria de 2023 das subvencións da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude á produción e coprodución audiovisual. Filmes da Ermida, El Deseo, Uri Films e 4A4 Productions son as produtoras de Sirat, coa que o premiado cineasta galego regresa a Cannes, onde xa presentara con éxito os seus anteriores traballos en diferentes seccións paralelas: O que arde (galardón do xurado de Un certain regard), Mimosas (gran premio da Semana da crítica) e Todos vós sodes capitáns (estreada na Quincena dos realizadores).

Nesta ocasión, forma parte da selección oficial cunha historia rodada entre Aragón e Marrocos e protagonizada por Sergi López e Bruno Núñez, nos papeis dun pai e o seu fillo que viaxan ao sur do país árabe na procura da súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha rave.

Pola súa banda, Carla Simón estreará en Cannes Romería, coa que completa a triloxía de longametraxes na que explora as relacións familiares, inspirándose desta volta nas orixes da súa familia biolóxica paterna. Continúa así a senda que arrancou con Estiu 1993, coa que logrou o Goya á mellor dirección novel, e Alcarràs, Oso de Ouro na Berlinale.

Rodaxe na provincia de Pontevedra

O filme rodouse o pasado ano en Vigo e noutras localizacións da provincia de Pontevedra cunha subvención da Xunta de  300.000 euros do fondo para a atracción de rodaxes, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

O obxectivo desta liña de apoio é favorecer a proxección da nosa Comunidade como escenario de destacadas producións audiovisuais, encabezadas tanto por empresas de aquí como do resto de España e Europa.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/04/2025
985435 {"title":"O Festival de Cannes selecciona por primeira vez en competición oficial dúas películas subvencionadas pola Xunta de Galicia","published_date":"2025-04-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/173814-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"985435"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-10/985435-festival-cannes-selecciona-primeira-vez-competicion-oficial-duas-peliculas-subvencionadas-pola-xunta-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.