A Xunta e o concello de Ourense colaboran no deseño e execución dun proxecto piloto de refuxio climático cun investimento de 450.000 €

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ourense será a primeira cidade galega na que se recorra á plantación de árbores e a outras solucións naturais para combater os efectos do quecemento global
  • Os resultados desta iniciativa trasladaranse despois ao resto de concellos da comunidade para que poidan avalialos e replicar o modelo ou adoptar solucións semellantes a desenvolver no seu ámbito de actuación
  • A conselleira salienta que o fin último é crear contornas amables e adaptar zonas urbanas coa aposta por máis espazos naturais e menos infraestrutura gris contribuíndo así a elevar o benestar da cidadanía

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 9 de abril de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no que abordaron a colaboración entre a Xunta e o Goberno local para o deseño e execución dun proxecto piloto de refuxio climático na cidade ao que se destinará un investimento total de 450.000 euros. 

Nesta acción conxunta, que se enmarca no Plan galego de refuxios climáticos, o Executivo galego aporta o financiamento e o concello deberá colaborar na elaboración do mapa de illas de calor e de refuxios climáticos na cidade de Ourense así como na creación de proxecto piloto de refuxio climático. Aínda que a capital ourensá será a primeira cidade na que se recorra á plantación de árbores e a outras solucións baseadas na natureza para combater os efectos do quecemento global, os resultados desta iniciativa trasladaranse despois ao resto de concellos galegos para que poidan avalialos e replicar o modelo ou adoptar solucións semellantes no seu ámbito de actuación. 

O deseño do mapa de illas de calor e refuxios climáticos no municipio correrá a cargo da Universidade de Vigo -ao abeiro dun convenio subscrito coa Xunta con este fin- e o deseño e execución do proxecto piloto de refuxio climático corresponderá aos Executivos autonómico e local. 

A responsable autonómica, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, explicou que o fin último é crear contornas amables e adaptar zonas urbanas coa aposta por máis espazos naturais e menos infraestrutura gris contribuíndo así a elevar o benestar da cidadanía. 

O mapa que se vai elaborar en Ourense permitirá identificar cales son as illas de calor da cidade -as zonas coas temperaturas máis altas do concello-, os refuxios climáticos existentes -áreas frescas, verdes e con arborado que poidan ser empregadas pola poboación en episodios de temperaturas elevadas- e as zonas de preservación da biodiversidade, que poden coincidir co ámbito dalgún refuxio climático.

A conselleira incidiu en que esta información é especialmente importante para episodios de vagas de calor como as que se rexistran no verán e que impactan na saúde das persoas, especialmente naquelas que viven nas cidades polo efecto illa de calor, o fenómeno que se produce polo efecto da radiación solar e a súa multiplicación ao impactar no asfalto e no formigón. 

Información compartida

Os resultados obtidos co desenvolvemento do proxecto piloto de Ourense poranse a disposición do resto de concellos co fin de que poidan avalialos e lles sirva de guía para facer algo semellante no seu territorio en caso de que o estimen oportuno. Este traballo complementará o que realice a Universidade de Vigo no desenvolvemento dunha metodoloxía para elaborar mapas de calor e localizar refuxios climáticos. 

Deste xeito, estas ferramentas facilitarán aos Gobernos locais o deseño de proxectos de fomento das infraestruturas verdes en espazos urbanos e periurbanos para facer fronte aos efectos do cambio climático, iniciativas coas que poderían optar ademais ás axudas que convoca o Executivo galego neste eido. 

A existencia de refuxios climáticos e a aposta polos espazos verdes é vital para contar con lugares frescos e zonas de sombra para acoller á poboación máis vulnerable. De feito, o deseño dos refuxios climáticos precisa dun enfoque integral que teña en conta a adaptación dos ecosistemas ao quecemento global e a mellora da calidade de vida da cidadanía coa habilitación de espazos verdes saudables e funcionais. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/04/2025
983657 {"title":"A Xunta e o concello de Ourense colaboran no deseño e execución dun proxecto piloto de refuxio climático cun investimento de 450.000 €","published_date":"2025-04-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/173371-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"983657"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-09/983657-xunta-e-concello-ourense-colaboran-deseno-e-execucion-dun-proxecto-piloto-refuxio-climatico-cun-investimento-450-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.