Gómez Caamaño confirma que este luns se iniciaron os traballos para o traslado provisional da hospitalización do Materno infantil de Ourense co obxectivo de que estea finalizado a comezos do verán
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Sanidade destaca a rápida reacción do seu departamento, buscando solucións e presentando unha planificación completa para a reubicación dos servizos
- Subliña que o que está a facer a Xunta é anticiparse e adiantar unha decisión de traslado que xa estaba tomada desde hai tempo
- Incide en que toda a programación do traslado foi abordada e dialogada cos responsables do centro e cos profesionais, ademais de seren informadas as asociacións de pacientes
- Pon en valor que, mentres se adianta a reubicación provisional dos servizos do Materno, a Xunta segue a traballar na renovación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense destinando máis de 52 millóns de euros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, confirmou hoxe, no Pleno do Parlamento, que este luns xa se iniciaron os traballos para o traslado provisional da hospitalización do Materno Infantil de Ourense co obxectivo de que este finalizado a comezos do verán.
O titular da carteira sanitaria incidiu no Pazo do Hórreo en que o Hospital Materno Infantil de Ourense non ten problemas estruturais pero é aconsellable actuar e facer un reforzo dos falsos teitos.
Gómez Caamaño destacou a rápida reacción do seu departamento, buscando solucións e presentando unha planificación completa para a reubicación dos servizos do Materno co fin de ofrecer tranquilidade a pacientes e profesionais e, deste xeito, garantir a asistencia en todo o momento.
O conselleiro insistiu en que o que está a facer a Xunta é anticiparse e adiantar unha decisión de traslado que xa estaba tomada desde hai tempo.
Tal e como detallou Gómez Caamaño, a planificación coa que traballa o Servizo Galego de Saúde é que a comezos do verán estean culminados todos os traslados dos distintos servizos do Materno, logo de acometer a adecuación nos espazos que os van acoller.
No edificio do Materno só quedarán as consultas, polo que se farán as actuacións dos falsos teitos da planta baixa. De feito, o conselleiro explicou que esta semana xa se comezou a traballar nos falsos teitos da planta 0. Estes labores realizaranse por fases para interferir o menos posible na actividade asistencial.
Os traballos a realizar contemplan unha pequena intervención na planta cero de consultas do Materno, o traslado da Unidade de Coidados Paliativos ao Piñor e a reubicación da área de dirección.
Ademais parte dos quirófanos de cirurxía maior ambulatoria do primeiro andar do edificio cirúrxico acollerán os paritorios e un dos novos módulos da UCI converterase na UCI pediátrica e neonatal.
Así mesmo, vanse instalar dúas unidades móbiles do Servizo Galego de Saúde equipadas como quirófanos con todo o instrumental necesario para garantir a asistencia.
O conselleiro incidiu en que toda esta programación foi abordada e dialogada cos responsables do centro e cos profesionais. Ademais, este luns a Xerencia da área sanitaria reuniuse coas asociacións de pacientes do Consello Asesor para trasladarlles a información sobre o traslado.
Máis de 52 M€ para renovar o Complexo Hospitalario
Na mentres se adianta a reubicación provisional dos servizos do Materno, o Sergas segue a traballar na renovación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, destinando máis de 52 millóns de euros a unhas obras que suporán a construción dun novo edificio de hospitalización e dun novo Hospital Materno Infantil.
Así, o conselleiro dixo que as obras do novo edificio de hospitalización teñen un prazo de execución de 12 meses, e están a coller ritmo logo dos axustes que foi preciso realizar no proxecto ao decidirse construír un novo Hospital Materno Infantil.
A previsión é que o novo edificio de hospitalización estea funcionando ao redor de mediados do vindeiro ano, sendo o obxectivo do Sergas encadear este final de obra da hospitalización coa demolición do Materno para a construción do novo edificio.
Aposta pola sanidade pública de Ourense
Na súa intervención no Parlamento, o conselleiro puxo en valor o interese da Xunta por dotar a Ourense de infraestruturas sanitarias de vangarda, feito que se reflicte na recente posta en marcha da nova unidade de coidados intensivos, por importe de 10 millóns de euros, ou a nova unidade de medicina nuclear, por outros, 2,8 millóns, que posibilitou instalar o primeiro PET da área sanitaria de Ourense.
Ademais, a Xunta está a avanzar para construír un novo Centro Integral de Saúde, no que se investirán 14 millóns de euros.
Para concluír a súa intervención, destacou a rebaixa do tempo en 44 días do tempo de espera para as consultas especializadas no último ano.