A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as porcentaxes mínimas de reserva de solo para vivenda protexida en concellos de máis de 5.000 habitantes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • As porcentaxes fíxanse en función da demanda real contrastada a través do rexistro de demandantes e non poderá ser inferior á media da comunidade, establecida este ano no 8.10%
  • Nun total de 8 concellos, entre os que están cinco das sete grandes cidades, a porcentaxe de reserva é superior á media de Galicia
  • Sitúanse por enriba da media os concellos da Coruña (14,63%), Lugo (13,97%), Pontevedra (12,67%), Santiago de Compostela (11,03%), Vigo (20,32%), Betanzos (8,48%), Sarria (9,83%) e Mos (21,03%)
  • Con carácter xeral a reserva mínima será do 30 por cento
Imagen del artículo A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as porcentaxes mínimas de reserva de solo para vivenda protexida en concellos de máis de 5.000 habitantes
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2025

Os concellos de máis de 5.000 habitantes que conten cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e que calculen a súa reserva de solo para vivenda protexida en base á demanda real deberán establecer un mínimo de 8,10 por cento no ano 2025, tal como establece a Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo(IGVS) pola que se fixan as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida aplicables neste ano. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se fixan as porcentaxes mínimas de reserva de solo para vivenda protexida, revisable de xeito anual.

Así, os concellos de máis de 5.000 habitantes que conten cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e que calculen a súa reserva de solo para vivenda protexida en base á demanda real deberán establecer un mínimo de 8,10% por cento, tal como establece a Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se fixan as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida aplicables neste ano. 

Segundo establece a Lei do Solo de 2016, con carácter xeral a reserva mínima de solo para vivenda protexida será do "30 por cento da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo que vaia ser incluído en actuacións de urbanización".

A lei tamén indica que excepcionalmente se poderán fixar reservas inferiores sempre que se garanta o cumprimento íntegro da reserva e os mínimos fixados en función da demanda real de vivenda protexida e a poboación dos concellos.

Estas porcentaxes só serán aplicables nos concellos de máis de 5.000 habitantes que voluntariamente previsen no seu PXOM a reserva de solo para vivenda protexida en base a datos estimados de demanda real. Para 2025 a porcentaxe mínima de reserva será do 8,10 por cento nestes concellos.

Existen oito concellos nos que a porcentaxe de reserva deberá ser superior á media no caso de que empreguen este sistema. Entre eles están cinco das sete grandes cidades de Galicia: A Coruña (14,63%), Lugo (13,97%), Pontevedra (12,67%), Santiago de Compostela (11,03%) e Vigo (20,32%). Tamén se atopan por enriba da media os concellos de Betanzos (8,48%), Sarria (9,83%)  e Mos (21,03%). 

Para o cálculo da porcentaxe de reserva nestes casos excepcionais, a Lei de Vivenda prevé unha fórmula na súa disposición adicional novena que indica que a porcentaxe de reserva total do concello sería igual ao produto de multiplicar por dez o número de inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda e o resultado dividido polo número de habitantes inscritos no padrón municipal. O novo resultado multiplicarase por cen e dará como resultado a porcentaxe mínima de reserva.

A porcentaxe resultante non será de aplicación automática, xa que ademais deberá cumprir outras dúas condicións:

1.- A porcentaxe non poderá ser inferior ao resultado de multiplicar por cen o dobre do número de inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

2.- A porcentaxe non poderá ser inferior  á media autonómica. En caso de selo aplicarase como mínimo a media para a comunidade autónoma.

Segundo a Resolución publicada hoxe no DOG, a media actual de reserva mínima para a comunidade autónoma é do 8,10 por cento, que deberá aplicarse en todos os concellos cuxa porcentaxe calculada en función da demanda sexa inferior a esa cifra.

Os concellos que opten por establecer a reserva de solo segundo os datos estimados de demanda estarán obrigados a revisar a porcentaxe establecida cando as novas porcentaxes fixadas polo IGVS na súa Resolución anual rexistren unha diferenza de máis ou menos dous puntos porcentuais respecto da porcentaxe anterior.

Naqueles concellos cuxo PXOM non estableza a reserva de solo atendendo á demanda real, a porcentaxe de reserva será o 30%, tal como establece con carácter xeral a Lei do Solo de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/04/2025
983565 {"title":"A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as porcentaxes mínimas de reserva de solo para vivenda protexida en concellos de máis de 5.000 habitantes","published_date":"2025-04-09","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"983565"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-09/983565-xunta-publica-hoxe-diario-oficial-galicia-as-porcentaxes-minimas-reserva-solo-vivenda-protexida-concellos-mais-5-000-habitantes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.