A Xunta subvenciona con preto de 300.000 euros a mellora da eficiencia enerxética do Hostal Carpinteiras, en Rodeiro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial visitou as obras e destacou a importancia de manter un sector turístico de excelencia
- As previsións turísticas para esta Semana Santa son moi positivas e espérase un aumento de preto dun 30% na chegada de visitantes a Galicia

Rodeiro (Pontevedra), 9 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as instalacións do Hostal Carpinteiras, en Sanxenxo, que foi un dos beneficiarios das axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas da Xunta.
En concreto, o Hostal Carpinteiras recibiu unha achega de preto de 300.000 euros que lle permitirá reformar as fachadas e as fiestras para mellorar o illamento dos espazos interiores e instalar un novo sistema de aerotermia, algo que esperan que resulte nunha diminución do gasto eléctrico e nun abaratamento dos custes fixos do establecemento.
O delegado territorial destacou a importancia de tender as necesidades dos empresarios turísticos que "teñen demostrado ser un sector clave para Galicia e que ademais axudan a mellorar, co seu traballo e dedicación, a imaxe de excelencia da que gozan todos os servizos e produtos galegos".
Cabe destacar que, neste ano 2025, ata 22 empresas turísticas da provincia de Pontevedra se beneficiaron desta liña de axudas. En total, Turismo de Galicia destinou preto de 2,2 millóns de euros a financiar a mellora da eficiencia enerxética das empresas turísticas da provincia.
Semana Santa
Cara a Semana Santa, Galicia continua a mellorar os seus datos de ocupación. As reservas e contratación de voos medraron un 28% con respecto ao ano pasado. Ademais o tráfico internacional aumenta en case un 90% os billetes emitidos.
Mesmo así, o turismo nacional segue sendo o principal mercado,. Sendo que Madrid e Barcelona son os dous principais puntos dos voos a Galicia supoñendo o 49% das prazas ofertadas, pero tamén destacan as conexión coas Illas -Canarias e Baleares- e cidades como Málaga, Sevilla, Alacante e Valencia.
Fora de España as principais conexións teñen como lugares de orixe Londres, Xenebra, Dublín e París.
A estas boas expectativas hai que engadir a chegada de peregrinos que acostuman a elixir estas datas para facer o Camiño. En 2024, 12.911 persoas realizaron o Camiño durante a Semana Santa, que coincidiu no mes de marzo. E este ano, o ritmo de crecemento de peregrinos está a ser superior ao 20% ata o de agora.