Medio Rural insiste en que se vai poder seguir usando o xurro como fertilizante con independencia da posible declaración de zonas vulnerables por nitratos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Gómez lembrou que polo momento non se declararon estas zonas e advertiu que, en todo caso, as explotacións non van ter que adoptar medidas no vindeiro mes de maio, xa que existe un prazo de dous anos para aprobar un plan de actuación ao respecto
  • Destacou que é o Ministerio para a Transición Ecolóxica aínda non posúe resultados definitivos e concluíntes nos seus estudos, polo que a Xunta solicitou que se publiquen novos mapas que acrediten que a orixe da contaminación é agraria
  • Defendeu o "bo traballo" dos gandeiros e agricultores galegos no cumprimento das normativas ambientais, así como a súa implicación para ter unhas explotacións cada día máis sustentables e respectuosas co medio

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

Os agricultores e gandeiros galegos van poder seguir empregando o xurro ou o esterco como fertilizantes nas súas terras, con toda normalidade, sempre empregando boas prácticas no caso dunha posible declaración de zonas vulnerables por nitratos de fontes agrarias. Así o afirmou esta tarde a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, en resposta a unha interpelación no pleno da cámara sobre este asunto. Aínda así, lembrou que aínda se está á espera dos estudos definitivos por parte do Goberno central, que serán os que determinarán se é preciso levar a cabo esta declaración.

Na súa intervención, a titular de Medio Rural lembrou que, polo momento, aínda non se declararon estas zonas e advertiu que, en todo caso, as explotacións non van ter que adoptar medidas limitantes nin de ningún tipo no vindeiro mes de maio. Isto é así porque, segundo explicou, malia que se declaren ditas zonas, unha vez adoptada a medida a propia normativa estatal de aplicación establece un prazo de dous anos para aprobar un plan de actuación ao respecto.

María José Gómez engadiu que, cando se aprobe o devandito plan, pasarán a ser obrigatorias determinadas medidas relativas á fertilización agraria e á súa correcta adecuación ás necesidades do terreo e dos cultivos. Nesta liña, a conselleira insistiu en que o seu departamento "ten a obriga de declarar aquelas zonas nas que a contaminación estea causada significativamente por nitratos de orixe agraria". "Declararemos esas zonas como vulnerables cando o Ministerio o determine con certeza", remarcou.

Boas prácticas do sector

Ademais, a conselleira insistiu en que os gandeiros levan anos aplicando medidas orientadas a diminuír a contaminación, como a redución de vertidos de augas, cubrición de balsas de xurros e fosas máis dimensionadas, separadores de sólidos e líquidos ou reutilización de sólidos en camas de gando. Son todas elas, subliñou Gómez, actuacións subvencionables a través dos plans de mellora e do Plan Estratéxico da PAC (Pepac). Nesta interpelación, a conselleira defendeu o "bo traballo" dos gandeiros e agricultores galegos no cumprimento das normativas ambientais, así como a súa implicación para ter unhas explotacións cada día máis sustentables e respectuosas co medio. Como proba disto, argumentou o feito de que actualmente só tres comunidades da cornixa cantábrica non teñen áreas declaradas como zonas vulnerables por nitratos, e Galicia é unha delas.

A continuación, fixo un repaso cronolóxico da normativa ao respecto, empezando pola Directiva comunitaria aprobada en 1991 contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias, ata chegar ao Real Decreto 47/2022, sobre protección das augas contra a contaminación difusa producida por ditos nitratos. Desta última norma, destacou que establece unhas concentracións de nitratos máis baixas que as que recolle a devandita Directiva europea.

Mapas das augas publicados polo Goberno central

Neste contexto, a conselleira explicou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou, dun xeito provisional, os mapas das augas afectadas por esa contaminación difusa, que son de acceso público. Unha vez publicados estes mapas definitivos e cando estean concluídos os estudos sobre presións agropecuarias, urbanas e outras significativas realizadas pola Administración estatal, tocaralle actuar á Xunta, no caso de Galicia. E puntualizou que a competencia para declarar zonas vulnerables corresponde á Consellería, se ben a elaboración de mapas coa localización de augas afectadas é responsabilidade do Goberno central. Por tanto, e tal e como se trasladou nas reunións informativas co sector agrogandeiro, aínda que non se compartan os criterios do Ministerio, trabállase para dar cumprimento á lexislación.

Cómpre engadir que Augas de Galicia remitiu ao devandito Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico un escrito no que solicita que se realicen estudos complementarios e correccións nos que está a elaborar o Goberno central antes de declarar zonas vulnerables á contaminación por nitratos.

Considérase ademais que o estudo presentado polo Goberno de España non conclúe con claridade ata que punto a contaminación está provocada polas actividades agrogandeiras, por iso o que solicita Augas de Galicia é que o Goberno central, en coordinación coas comunidades autónomas, actualice este estudo, unha obriga que -de acordo co que establece ese real decreto- debe facerse cada catro anos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/04/2025
983453 {"title":"Medio Rural insiste en que se vai poder seguir usando o xurro como fertilizante con independencia da posible declaración de zonas vulnerables por nitratos","published_date":"2025-04-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/173175-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"983453"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-08/983453-medio-rural-insiste-se-vai-poder-seguir-usando-xurro-como-fertilizante-independencia-da-posible-declaracion-zonas-vulnerables-nitratos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.