O secretario xeral para o Deporte reúnese co presidente da Federación Galega de Piragüismo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo esta mañá un encontro de traballo co presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea. Na reunión, entre outros asuntos, abordouse a situación das piragüistas Teresa Portela e Carolina García, ás que a Xunta porá á súa disposición os medios necesarios para que ambas poidan seguir adestrando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) e no centro de Piragüismo David Cal de Pontillón de Castro, en Verducido, como xa fixeron no último ciclo olímpico.