A Xunta convoca os sectores económicos máis afectados polos aranceis de EEUU
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A reunión terá lugar o vindeiro luns, logo de que este mesmo xoves se celebre o Consello Interterritorial de Internacionalización, convocado polo Goberno central coas comunidades autónomas para coordinar a resposta das diferentes administracións
- Asistirán, tamén, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e os titulares de Medio Rural, María José Gómez, e de Mar, Alfonso Villares
- O obxectivo é informar dos mecanismos que van poñer en marcha o Goberno central e a Xunta de Galicia en resposta ás inquedanzas específicas dos sectores nos cales o impacto arancelario poida ser maior
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, convocou hoxe os principais sectores da economía galega máis expostos ao comercio con EE.UU a unha reunión que se celebrará a vindeira semana para abordar a situación derivada da política arancelaria anunciada polo país norteamericano.
Nunha carta enviada hoxe aos responsables dos clústeres e asociacións sectoriais, Lorenzana emprázaos á reunión que terá lugar o vindeiro luns, 14 de abril, logo de que se celebre o Consello Interterritorial de Internacionalización, convocado por parte ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo, este xoves coas comunidades autónomas para coordinar a resposta das diferentes administracións.
O obxectivo da xuntanza, á que asistirán, tamén, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e os titulares de Medio Rural, María José Gómez, e de Mar, Alfonso Villares, é informar dos mecanismos que van poñer en marcha o Goberno central e a Xunta de Galicia en resposta ás inquedanzas específicas dos sectores nos cales o impacto arancelario poida ser maior, e trasladando unha posición coordinada a nivel nacional e europeo como bloque comercial.
Ao encontro do luns, que será na sede do Consello Económico e Social (CES), están citados, entre outros, a Confederación de Empresarios Galicia (CEG), os Consellos Reguladores, o Clúster de Empresas de Automoción (Ceaga), o Clúster do Naval (Aclunaga), Anfaco, Asime, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e o Clúster Téxtil