A Xunta comparte no Consello do Turismo de Galicia a urxencia para que o Goberno de España active "canto antes" as desgravacións fiscais do Xacobeo 2027

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Xosé Merelles salientou os case 100M€ de financiamento privado á celebración dos últimos catro anos xacobeos e explicou que se continuará a traballar para logralo
  • Informou do Plan de Inspección de Turismo de Galicia 2025, que tras rexistrar máis de 4.000 visitas en 2024, incrementa o corpo de profesionais e o traballo nas VUT
  • Emitiuse informe favorable a catro festas en Boqueixón, Ponteareas, O Carballiño e Teo, como paso previo á súa aprobación no Consello da Xunta
  • Deuse conta dos avances no Plan de Acción de Promoción, do Plan de Turismo Termal e do de Seguridade Viaria nos Camiños de Santiago 
  • Anunciouse que a partir do mes de maio se activará a convocatoria para as novas liñas de axuda para mellora e creación de establecementos termais

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, informou hoxe no Consello do Turismo de Galicia da necesidade de que o Goberno central active os mecanismos necesarios para que as empresas que queiran patrocinar o Xacobeo 2027 poidan facelo durante este ano e relatou os pasos que se teñen dado para conseguilo, sen éxito. "O retraso pon en risco a planificación e proxección internacional do evento", salientou.

O director de Turismo de Galicia destacou que a atracción de investimento privado mediante beneficios fiscais ten demostrado "que fortalece o tecido empresarial e xera emprego". Así, salientou que nas últimas catro celebracións de anos santos (1999, 2004, 2010 e 2021-2022), o apoio privado ao Xacobeo supuxo unha achega de 90,8M€. Esta colaboración permitiu a organización dunha programación, como dixo, diversificada e completa que axudou a expandir a marca Camiño de Santiago e Galicia a nivel global.

Xosé Merelles insistiu na necesidade de que as empresas interesadas en patrocinar eventos relacionados coa gran cita de Galicia en 2027 poidan coñecer canto antes o marco fiscal aplicable e indicou o compromiso da Xunta para seguir presionando ao Goberno central para acadalo. Neste sentido, lembrou os pasos dados ata o de agora polo Goberno autonómico para que o Goberno central aprobase este beneficio fiscal. Así, en 2024 aprobouse na Comisión Executiva do Consello Xacobeo a instancias de Galicia instar ao Ministerio de Cultura que o incorporase nos Orzamentos Xerais do Estado. Esta decisión ratificouse despois no Pleno do Consello Xacobeo.

Ademais, o Parlamento de Galicia instou a través de proposicións non de lei a que o Goberno de España aplicase a medida. Tamén se reclamou no Senado. "Estas peticións non están sendo atendidas pola incapacidade do Goberno de sacar adiante os Orzamentos Xerais do Estado", insistiu Xosé Merelles antes de lembrar tamén que puxo trabas no Congreso dos Deputados ao vetar a tramitación parlamentaria dunha proposición de lei do grupo parlamentario do PP para recoñecer como acontecementos de excepcional interese público de eventos como o Xacobeo 2027.

Máis seguridade viaria nos camiños

O Consello do Turismo de Galicia tamén analizou o plan de inspección de Turismo de 2025, destacando que durante 2024 se realizaron un total de 4.134 visitas a establecementos turísticos co fin de garantir que cumprían a legalidade. Deste total, abríronse 408 expedientes sancionadores que tiveron especial incidencia nas cafeterías e bares e na vivendas de uso turístico. O pleno do órgano da administración turística eloxiou a tarefa realizada polo corpo de inspectores, que, segundo anunciou Turismo de Galicia, incrementarase con novos profesionais que reforzarán o servizo, especialmente nas vivendas de uso turístico.

O Camiño de Santiago foi outro dos eixos analizados no decurso desta xuntanza. O pleno do Consello do Turismo de Galicia foi informado do Plan de Seguridade Viaria, no que se invisten 40M€ para mellorar a seguridade viaria dos peregrinos no horizonte 2027. O proxecto actúa naqueles lugares do Camiño de Santiago nos que hai treitos comúns coa rede de estradas.

Turismo de Galicia informou que xa están en marcha todas as actuacións enmarcadas neste plan, sendo as máis avanzadas as do Camiño Inglés ao seu paso por Santiago de Compostela e Abegondo.

O plan inclúe tamén actuacións no Camiño de Inverno e no Mozárabe-Vía da Prata, en concreto, en 38 km en cada un dos itinerarios. Ademais, actuarase en 25 km do Camiño Norte, en 20 do Camiño Francés e en preto de 15 no Camiño Primitivo. As actuacións comprenderán tamén preto de 7 km no Camiño Portugués e pola Costa, 4 no Camiño Inglés e 2 no de Fisterra-Muxía.

Promoción do destino e termalismo

O Consello do Turismo de Galicia analizou tamén o Plan de Accións de Promoción de Turismo de Galicia 2025 que inclúe máis de 130 accións en 30 mercados nacionais e internacionais e conta cun investimento de 13M€. O Plan Termal de Galicia tamén foi outro dos asuntos avaliados, neste caso, anunciouse que as axudas para a mellora e creación de novos establecementos termais sairán convocadas a partir do mes de maio.

Durante o encontro tamén aprobou a declaración de festas de interese turístico de Galicia á festa das carrozas do San Cidre (Boqueixón); á Feira tradicional dos Remedios (Ponteareas); á Semana Santa de O Carballiño (O Carballiño) e á Feira Cabalar do San Martiño de Francos (Teo). Estes expedientes continuarán agora a súa tramitación someténdose á aprobación definitiva por parte do Consello da Xunta de Galicia.

Ampla representación

O Consello do Turismo de Galicia é o órgano de asesoramento, apoio e proposta para os asuntos referidos á ordenación, promoción, fomento e desenvolvemento do turismo. Está composto por representantes das consellerías en materia de infraestruturas, sanidade, economía, medio rural e cultura.

Tamén representantes das administracións locais propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias, as universidades galegas, así como representantes de establecementos hoteleiros, de restauración, turismo rural, axencias de viaxes, campings, guías de turismo... Tamén conta con representación das organizacións sindicais, asociacións de consumidores e usuarios, entre outras.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/04/2025
981681 {"title":"A Xunta comparte no Consello do Turismo de Galicia a urxencia para que o Goberno de España active \"canto antes\" as desgravacións fiscais do Xacobeo 2027","published_date":"2025-04-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/173038-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"981681"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-08/981681-xunta-comparte-consello-do-turismo-galicia-urxencia-goberno-espana-active-canto-as-desgravacions-fiscais-do-xacobeo-2027 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.