Galicia acada o 1% do PIB en gasto público en universidades segundo a metodoloxía do Ministerio

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Con base nos últimos datos pechados dispoñibles, do ano 2023, os fondos que reciben as universidades públicas galegas equivalen a ese obxectivo, fixado para 2030
  • Román Rodríguez destaca o esforzo da Xunta, a través de plans de financiamento plurianuais case únicos en España que blindan recursos para estas institucións
  • Esixe fondos adicionais do Estado para incrementar o investimento nesta etapa educativa e que non se penalice a Galicia por ter logrado este fito con anticipación

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou hoxe que Galicia xa acada un gasto público (local, autonómico, estatal e europeo) nas universidades equivalente ao 1% do Produto Interior Bruto autonómico. Fíxoo nunha rolda de prensa na que, acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, destacou que este obxectivo, fixado na Lei Orgánica 2/2023 do Sistema Universitario (LOSU), se logra en Galicia con sete anos de antelación, dado que o horizonte está marcado para 2030 nesta norma a nivel estatal. 

Román Rodríguez puxo en valor a estabilidade financeira  da que gozan as universidades públicas galegas, "inédita en practicamente a totalidade do Estado, debido á existencia de plans de financiamento plurianuais, que blindan os fondos autonómicos". "Nos próximos anos seguiremos incrementando os seus recursos ao abeiro do pulo que estamos a dar á ciencia, con iniciativas como o Plan galego de I+D+i 2025-2027".

Tal e como explicou o conselleiro, para o cálculo deste 1% do PIB "tómase como referencia o ano 2023, o último do que dispoñemos do dato liquidado do PIB de Galicia e das contas pechadas das universidades". En canto á metodoloxía, séguese a fixada polo Ministerio de Educación para o cálculo do gasto público no ensino, e o establecido na propia LOSU.

Obxectivo común das administracións

"Tomamos estes criterios oficiais para saber onde estamos no camiño de conseguir ese obxectivo común, para ter unha comparativa do esforzo realizado pola propia Xunta coas universidades públicas galegas en función do PIB, para ver o que realizan as outras administracións (Estado e administracións locais) e para medir a capacidade de captación de recursos públicos adicionais por parte das propias universidades", detallou.

"Seguindo a metodoloxía do Ministerio, estamos en disposición de dicir que Galicia acada xa o 1% do PIB en gasto en universidade pública", reiterou, detallando que o cálculo se basea na división dos gastos das universidades públicas (as súas obrigas recoñecidas netas) en relación ao PIB galego de 2023.

Metodoloxía máis axustada

O conselleiro foi crítico respecto desta metodoloxía do Ministerio que, malia ser favorable para Galicia, "contabiliza, por exemplo, o que pagan as familias pola matrícula dos seus fillos, que son claramente ingresos cunha orixe privada", puntualizou. "Así as cousas, decidimos facer outro cálculo, máis axustado ao que entendemos é o correcto, contabilizando só ingresos públicos das universidades, procedentes de todas as administracións, excluíndo as taxas universitarias", precisou o conselleiro.

Segundo esta metodoloxía, o resultado para o ano 2023 é do 0,98%. "É dicir, que incluso facendo este segundo cálculo máis axustado, en 2023 xa rozabamos o 1% do PIB", salientou Román Rodríguez.

Evitar penalizacións

O conselleiro fixo fincapé na necesidades de que o Ministerio de Universidades "poña dunha vez por todas as cartas enriba da mesa e peche xa un plan para acadar ese 1% do PIB en toda España". En calquera caso, advertiu que a Xunta non vai permitir que ese plan prexudique a nosa Comunidade, como ocorreu con convocatorias como a do programa María Goyri. "Non imos permitir que Galicia sexa penalizada con menos financiamento estatal por ter xa cumprido co obxectivo con varios anos de antelación", incidiu.

"Se hai un plan de financiamento estatal para acadar ese 1% en España, Galicia debe recibir o que lle corresponde, consonte ao esforzo realizado e que nos permite estar hoxe onde estamos", abondou, sinalando que nos próximos anos as universidades públicas galegas mellorarán esa porcentaxe grazas a novas medidas como a matrícula gratuíta, a incorporación de novo persoal ou o Plan de infraestruturas universitarias.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/04/2025
981591 {"title":"Galicia acada o 1% do PIB en gasto público en universidades segundo a metodoloxía do Ministerio","published_date":"2025-04-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/173133-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"981591"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-08/981591-galicia-acada-1-do-pib-gasto-publico-universidades-metodoloxia-do-ministerio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.