Medio rural destina 1,4 M€ para fomentar a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas axudas que se subdividen en dúas liñas centradas na creación de novas agrupacións, con ou sen base territorial, e no apoio ás xa existentes
- Estas figuras permiten mellorar a eficiencia económica, aumentar o acceso a recursos e subvencións e promover prácticas forestais máis sostibles e responsables
- Galicia conta con 24 agrupacións rexistradas, que abranguen unha superficie total de 3.145 hectáreas mediante a reunión de 9.250 parcelas e 925 persoas socias, cinco delas de recente creación
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, cun orzamento bianualizado de 1,4 millóns de euros financiados con fondos europeos NextGenerationEU. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles para a primeira liña e 30 días hábiles para a segunda, contando a partir deste mércores 9 de abril.
Estas achegas subdivídense en dúas liñas. A primeira está centrada na creación de novas agrupacións forestais de xestión conxunta, con ou sen base territorial. Poderán solicitar estas axudas asociacións sen ánimo de lucro constituídas para o asesoramento de persoas propietarias ou titulares dos dereitos de aproveitamento de terreos ou as entidades que teñan por obxecto a recuperación de terras forestas de xeito conxunto; así como sociedades e cooperativas. Neste sentido, serán subvencionables as actuacións relacionadas coa identificación da iniciativa e os gastos de tramitación e inscrición, entre outros.
A segunda destas liñas está destinada de xeito específico para apoiar ás agrupacións xa existentes e que estean inscritas no rexistro oficial de agrupacións forestais de xestión conxunta. A través destas axudas poderán subvencionarse cuestións como a revisión do parcelario e o estado das parcelas, a investigación da titularidade das parcelas que supoñan unha ampliación das agrupacións ou a incorporación de servizos ecosistémicos.
Actualmente, Galicia conta con 24 agrupacións rexistradas, que abranguen unha superficie total de 3.145 hectáreas mediante a reunión de 9.250 parcelas e 925 persoas socias, cinco delas de recente creación.
Cómpre lembrar que esta iniciativa está aliñada coa primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, "Cara á neutralidade carbónica", que se estrutura en distintos eixos estratéxicos de intervención para o deseño e execución da política forestal galega.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250408/AnuncioG0426-200325-0003_gl.html