A Xunta destina 2,3 millóns de euros a 19 empresas turísticas de Lugo para medidas de mellora da eficiencia enerxética
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se facilitan achegas para obras de illamento e calefacción ou a renovación de electrodomésticos, entre outras

Lugo, 7 de abril de 2025
A Xunta destinou máis de 2,3 millóns de euros a sufragar actuacións de eficiencia enerxética en 19 empresas turísticas lucenses nos últimos meses. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o hotel Méndez Núñez, na capital, para coñecer as melloras executadas ao abeiro das axudas concedidas para este fin pola Axencia de Turismo de Galicia.
Arias explicou que a Xunta investiu no conxunto da comunidade algo máis de 10 millóns de euros, financiados con fondos europeos, nesta liña de axudas á cal se presentaron 358 empresas. Dese total, 292 xa están concedidas ou en fase de revisión de documentación e contestación de requirimentos.
No caso da provincia de Lugo resultaron beneficiados ata o momento 16 aloxamentos de distintas modalidades, principalmente hoteis, e 3 restaurantes. Os municipios con maior representación son Palas de Rei e Vilalba, con tres establecementos en cada caso, seguidos de Lugo e Burela con dous.
As tipoloxías máis subvencionadas nesta convocatoria foron as melloras de eficiencia enerxética da envolvente térmica (cambios de ventás, cubertas, illamentos de fachadas...) e as melloras de eficiencia enerxética por instalación de bombas de calor por aeroterapia.
Turismo de Galicia convocou esta liña de axudas o pasado ano co fin de facilitar que as empresas do sector puidesen acometer actuacións de eficiencia enerxética ou a renovación de electrodomésticos máis eficientes.
Novidades
Con respecto a convocatorias anteriores, a da pasada edición introduciu como novidade a posibilidade de que tamén puidesen optar as empresas de restauración, non só as de aloxamento.
Ademais sufragouse a rehabilitación enerxética de todo o edificio ou dunha parte (na anterior eran edificios completos), e non se pedía antigüidade mínima dos edificios para rehabilitar, sen demandar tampouco unha exixencia mínima de aforro enerxético, entre outras condicións.
Como norma xeral, a intensidade da axuda foi de ata un 70 % do custo total subvencionable do proxecto, aínda que puido chegar ao 80 % ou 90 % no caso de que se acreditaran aforros de enerxía primaria non renovable dun 20 ou 30 %. Con esta convocatoria, a Xunta de Galicia pretendeu a modernización e mellora da competitividade do sector turístico galego.