A Xunta inviste 3 millóns de euros na reparación do firme de preto de 50 quilómetros de 11 estradas autonómicas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial informou sobre as actuacións de mellora do firme nas estradas PO-307, PO-308, PO-550, PO-226 e PO-303
- Os traballos afectarán aos concellos da Illa de Arousa; Vilanova de Arousa; Cuntis; Moraña; Barro; Sanxenxo; Meaño; O Grove; Cambados; e Ribadumia
- O delegado visitou a actuación que se está a levar a cabo na PO 307 á altura da Illa de Arousa, que conta cun orzamento de máis de 230.000 euros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Illa de Arousa (Pontevedra), 7 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, achegouse esta mañá ata un punto da PO-307 onde, acompañado por varios técnicos da dirección territorial de Vivenda e Infraestruturas, informou sobre as obras de reforzo de firme que a Xunta está a levar a cabo en 11 estradas da área territorial de Pontevedra.
Así, as obras permitirán mellorar o firme de preto de 50 quilómetros de vía por valor de case 3 millóns de euros, redundando na seguridade viaria e a comodidade dos millares de condutores que cada día as utilizan. Os traballos inclúen, ademais da PO-307, a PO-308; a PO-550; a PO-226; e a PO-303. En total, as actuacións afectarán a once concellos entre os que se topan a Illa de Arousa; Vilanova de Arousa; Cuntis; Moraña; Barro; Sanxenxo; Meaño; O Grove; Cambados; e Ribadumia.
As actuacións inclúen o fresado e reposición do firme, o recrecido do firme e a reposición das marcas viarias.
O delegado territorial aproveitou o acto para destacar o "compromiso da Xunta de Galicia co mantemento da súa rede de estradas" e asegurou que a Consellería de Vivenda e Infraestruturas é "completamente consciente da importancia de manter en boas condicións un firme que afecta directamente á seguridade dos galegos e galegas".
PO-307
Os traballos na PO-307 contan cun orzamento de máis de 230.000 euros. No concello da Vilanova de Arousa, os traballos inclúen a glorieta de enlace coa PO-306 ata o inicio da ponte cara á Illa de Arousa. Xa no concello da Illa de Arousa os traballos alargaranse ata o final da vía, incluíndo as dúas glorietas que se topan polo camiño. O total investido nestes dous concellos é de preto de 60.000 euros e máis de 170.000 euros respectivamente.
PO-226
A actuación na PO-226 contará cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros. Os traballos afectarán a toda a vía, dende o comezo da mesma no concello de Cuntis, pasando polo núcleo de Moraña, e rematando no concello de Barro. Por concellos, o investimento divídese en preto de 228.180 euros, 871.576 euros e 415.200 euros respectivamente.
PO-303
Na PO-303 os traballos comezan a partir do PQ 1+000, no concello de Poio. Estas actuación tamén chegarán ata os concellos de Poio e Meaño, onde se levará a cabo a maioría dos traballos. O investimento no concello de Poio será de aproximadamente 73.400 euros, mentres que en Sanxenxo e Meaño investiranse 36.700 euros e 384.600 euros respectivamente.
PO-308
No caso da PO-308, as obras, que arrancan no inicio da vía, afectarán a preto de 28 quilómetros de vía que pasan principalmente polos concellos de Poio e Sanxenxo e que rematan no inicio do concello do Grove. Por concellos, o investimento en Poio será de aproximadamente 166.000 euros, mentres que no concello de Sanxenxo será de máis de 200.000 euros. No concello do Grove apenas se actuará en 50 metros de vía.
PO-550
Por último, na PO-550 a actuación irá dende o inicio da vía, no concello de Cambados, ata a travesía do núcleo do lugar de Revolta, no concello de Sanxenxo. Os traballos afectarán a máis de 14 quilómetros e contará cun orzamento de aproximadamente 320.000 euros para os tramos do concello de Cambados, e 210.000 euros para o tramo do concello de Sanxenxo.