A Xunta destaca o retorno económico que deixa en Lugo a proba do Mundial de Motocross, cifrado en 4 millóns de euros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial, Javier Arias, e os organizadores detallaron os estudos elaborados por MXGP sobre o impacto directo e indirecto que xera o Gran Premio de España
  • O circuíto Jorge Prado acollerá de novo este evento os días 10 e 11 de maio co patrocinio do Goberno galego

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 7 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou hoxe o importante retorno económico da proba do Campionato Mundial de Motocross que se celebra en Lugo, cifrado nuns 4 millóns de euros.

O circuíto Jorge Prado acollerá de novo o Gran Premio de España os vindeiros 10 e 11 de maio, co Goberno galego como principal patrocinador local. Arias explicou que "é un investimento en deporte que ten un gran impacto na economía local, tanto directo como indirecto, debido á cantidade de xente que move e á súa repercusión mediática". Neste sentido, lembrou que esta cita recibiu o ano pasado o Premio MXGP á mellor promoción.

A presentación do balance tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta. Ademais do delegado, participaron Diego Muñoz, representante de Last Lap, empresa encargada do premio de España de MXGP; o presidente e secretario de Motopark Lugo, Miguel Ángel Vázquez e Martín Pérez; e a vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia.

Os datos extráense dos estudos realizados por MXGP -promotor do Mundial- en base a enquisas elaboradas polo grupo Nielsen. Para analizar o impacto económico directo calculan os gastos na rexión que supoñen os visitantes, xa sexan participantes, prensa, patrocinadores ou público en xeral; incluso a propia caravana dos profesionais e os equipos que seguen o Mundial, que neste caso viaxan directamente desde a proba anterior e permanecen en Galicia durante toda a semana para os seus adestramentos en pistas e a posta a punto dos vehículos.

Todos eles realizan gastos en viaxes, aloxamento, restauración, compras, ocio e turismo. A práctica totalidade dos establecementos hoteleiros colgaron o cartel de completo na pasada edición, e de cara a este 2025 xa empeza a ser complicado facer unha reserva.

Tamén se suman os consumos dos propios organizadores en empresas provedoras, que na que na súa maioría son locais. No paddock, isto é, a zona do circuíto onde se atopan os garaxes, pilotos e escudarías, conviven preto de 2.000 persoas, con máis de 80 trailers, decenas de caravanas e centenares de vehículos.

Eco en medios

O Gran Premio de España que se celebra en Lugo ten eco en medios nacionais e internacionais de televisión, radio, prensa e plataformas dixitais, con numerosos xornalistas desprazados para seguir a carreira en directo. Unha cuestión, segundo destacaron na presentación, "que supón multiplicar exponencialmente o impacto a nivel turístico e de promoción".

A televisión oficial do campionato,  MXGP-TV, ofrece a conexión vía satélite a decenas de televisións de todo o mundo, e así as 11 mangas do Mundial retransmitiranse en directo en máis de 60 países de catro continentes, como Estados Unidos, Canadá, Mexico, Brasil, Australia, India ou Indonesia. Entre as televisións que emiten as carreiras figuran a CBS, Fox Sport, MAX, L'Equipe, RAI ou TNT. En España, a TVG ten os dereitos sobre as mangas da categoría máxima.

Os estudos detallados hoxe establecen tamén o prototipo de seguidor que acude a este gran evento. Así, o 55% dos asistentes a un Gran Premio teñen menos de 34 anos, o 69% son homes, o 73% deles teñen moto e o 50% practica motocross. As análises tamén conclúen que o 71% pernocta dúas noites na zona onde se celebra a proba deportiva.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/04/2025
979984 {"title":"A Xunta destaca o retorno económico que deixa en Lugo a proba do Mundial de Motocross, cifrado en 4 millóns de euros","published_date":"2025-04-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/171697-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"979984"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-07/979984-xunta-destaca-retorno-economico-deixa-lugo-proba-do-mundial-motocross-cifrado-4-millons-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.