Belén do Campo destaca o papel do CEIP de Outes como un referente da concienciación ambiental
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada destacou o afán de "divulgación e concienciación ambiental desde as aulas" que afianza a este centro como "un referente de boas prácticas educativas"
- Este CEIP recibiu o Premio Innovagal da Xunta á innovación pedagóxica en 2024
- O colexio tamén foi seleccionado na convocatoria de Centros Referentes do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, cun proxecto ao redor dos obxectivos de desenvolvemento sostible
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Outes (A Coruña), 7 de abril de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Outes, Fran Calo e a subdelegada do Goberno, María Rivas, visitou, esta mañá, o CEIP de Outes para coñecer de primeira man os proxectos que levan a cabo en materia medioambiental. Neste senso, subliñou o compromiso do conxunto da súa comunidade educativa e, en especial, do seu alumnado, convertidos xa en todo un referente para o coidado do patrimonio natural e da contorna. Este colexio conta con 261 alumnos de educación infantil e primaria. A delegada da Xunta felicitou aos seus responsables por un importante recoñecemento do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes aos dez mellores Centros Educativos Sostibles de España no ano 2024.
Belén do Campo destacou o afán de "divulgación e concienciación ambiental desde as aulas" que afianza a este centro como "un referente de boas prácticas educativas" e trasladou os seus parabéns aos rapaces así como a todos os docentes polas numerosas iniciativas que poñen en marcha cada ano, moitas delas recoñecidas con premios importantes como o primeiro Premio Innovagal da Xunta á innovación pedagóxica en 2024, co que a Xunta de Galicia pon en valor o esforzo que fai o centro por desenvolver enfoques didácticos innovadores que melloran a calidade do ensino e aprendizaxe para o alumnado durante os últimos 4 cursos. Ademais, participa nos programas do Club de Ciencias e Meteoescolas do Plan Proxecta.
"Este centro -sinalou a delegada- aposta por fomentar o benestar emocional do alumnado e a sostibilidade". Tendo isto en conta, usa unha metodoloxía de aprendizaxe activa e dinámica, centrada no respecto ao medio ambiente de forma transversal. Por iso, tamén foi seleccionado na convocatoria de Centros Referentes do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, cun proxecto ao redor dos obxectivos de desenvolvemento sostible e participa en programas como PINEA da asociación Adibismur (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros) cun proxecto Interxeracional de contido medioambiental, entre outras moitas iniciativas neste eido.
Belén do Campo fixo referencia aos datos do último estudo TIMSS da Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo, realizado en 2023 en Primaria, no que a Comunidade de Galicia participou por primeira vez cunha mostra ampliada xunto con outras oito autonomías. O estudio TIMSS é unha avaliación internacional de Matemáticas e Ciencias dirixida ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria, que se realiza de xeito periódico cada catro anos.
Neste senso, a delegadada lembrou que Galicia superou ampliamente a media de España no parámetro de conciencia medioambiental. Así segundo dito informe, as alumnas e alumnos galegos lideraron resultados de Conciencia medioambiental, onde os alumnos galegos obteñen 533 puntos, superando en 23 puntos os 510 do Estado, o que a coloca como a primeira de España. "Estes datos son posibles, sinalou a representante do Goberno autonómico, grazas ao esforzo conxunto de centros como o CEIP de Outes".