A Xunta lembra que está a facer o maior investimento da historia para optimizar e prestar a mellor asistencia aos pacientes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Respecta o dereito de manifestación das persoas que queren unha mellor sanidade pública, pero discrepa dos argumentos da convocatoria
  • Galicia conta co maior orzamento sanitario da historia, as listas de espera cirúrxica sitúanse en 67 días, máis de dous meses por debaixo da media española, e ofrece programas pioneiros en diferentes ámbitos
Imagen del artículo A Xunta lembra que está a facer o maior investimento da historia para optimizar e prestar a mellor asistencia aos pacientes

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2025.- A Consellería de Sanidade lembra que Galicia dispón do maior orzamento sanitario da historia para optimizar e prestar a mellor asistencia ás persoas usuarias da sanidade pública.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, remarcou que respecta o dereito á manifestación das persoas que secundan a convocatoria deste domingo, pero aclara que os argumentos esgrimidos carecen de base real, como acreditan os datos.

Non é certo que haxa recortes na sanidade pública

O Orzamento do Servizo Galego de Saúde aumentou un 45 % en relación co que aprobou o Goberno bipartito para 2009. A Xunta destina cada ano máis de 5.000 M€ á sanidade pública, en concreto, 5.450 M€ neste 2025, o que representa o orzamento máis alto da sanidade pública da historia da autonomía, que medra tanto en atención primaria como en atención hospitalaria. Ademais de investimento en hospitais e centros de saúde, destaca o incremento do persoal: hoxe a sanidade pública galega conta con máis de 45.000 profesionais contratados, cando en 2008 había 36.256.

Non é certo que aumente a concertación coa sanidade privada

O Consello de Contas resalta no seu último informe que o gasto do Servizo Galego de Saúde en acordos para a prestación sanitaria especializada con medios alleos mantén estable o seu peso orzamentario nun 4,6%. Durante o goberno bipartito esta cifra aumentou un 48 % ata superar o 6 % do gasto real total.

Tampouco é certo que aumenten as listas de espera

Galicia reduciu no ano 2024 os tempos de acceso con respecto ao ano anterior, tanto en cirurxía como en consultas e probas diagnósticas. E fíxoo, ademais, ao mesmo tempo que incrementaba a actividade, superando por primeira vez nun ano o limiar das 200.000 intervencións, e ao tempo que potenciaba a atención a patoloxías prioritarias.

Grazas ao esforzo continuo da Consellería de Sanidade, Galicia conta cunhas das esperas medias máis baixas do Estado. Para cirurxías, o tempo medio de espera en Galicia sitúase en 67 días, máis de 2 meses por debaixo da media española -128 días-; e para consulta co especialista o tempo de acceso en Galicia está en 60 días, o que representa 12,5 días menos que o ano antes e máis de 30 días menos que a media estatal.

A sanidade pública galega, á vangarda

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, incidiu en que Galicia conta cunha das mellores sistemas sanitarios públicos do mundo.

Explicou que a comunidade é referente no tratamento contra o cancro: conta cun Centro de Fabricación de Terapias CAR-T e avanza nas obras do Centro de Protonterapia, que en 2026 será o primeiro de España en atender pacientes na sanidade pública.

Lembrou, ademais, que Galicia está á vangarda en cribados de cancro, cos de mama, colon e colo de útero. No de mama, Galicia foi a primeira comunidade Autónoma en ampliar a poboación diana e citar para mamografía a mulleres de 74 anos. Na actualidade desenvolve de forma pioneira proxectos piloto de cribados de cancro de pulmón e de próstata para detectar a enfermidade en estados iniciais para mellorar o prognóstico.

Galicia tamén conta co calendario de vacinación máis completo do mundo. É dicir, co maior número de vacinas financiadas pola sanidade pública, tanto para poboación infantil como adulta.

A grande aposta da Xunta pola saúde pública reflíctese na resposta da poboación e Galicia conta cada ano coas taxas de vacinación fronte a gripe máis altas do Estado con máis do 70 % dos maiores de 65 anos vacinados, o que supón que en determinadas franxas de idade Galicia supera en máis de 20 puntos a media nacional.

Gómez Caamaño lembrou que o maior problema da sanidade pública en toda España é a falta de profesionais en determinadas especialidades como medicina de familia e pediatría e que a competencia para dispoñer de máis médicos para seren contratados é do Ministerio de Sanidade, tal e como veñen reclamando a maioría das comunidades autónomas de España.

 
Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/04/2025
978389 {"title":"A Xunta lembra que está a facer o maior investimento da historia para optimizar e prestar a mellor asistencia aos pacientes","published_date":"2025-04-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"978389"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-06/978389-xunta-lembra-facer-maior-investimento-da-historia-optimizar-e-prestar-mellor-asistencia-aos-pacientes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.