A conselleira María M. Allegue destaca o papel clave dos arquitectos "que contribúe á marca Galicia Calidade"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Imagen del artículo A conselleira María M. Allegue destaca o papel clave dos arquitectos que contribúe á marca Galicia Calidade

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2025.- A conselleira María M. Allegue destacou o papel clave dos arquitectos para acadar unha Galicia máis acolledora, cohesionada e preparada para os desafíos do futuro.

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta tarde na entrega dos XXI Premios COAG de Arquitectura.

Trasladou os parabéns da Xunta aos premiados, por unhas obras que reflicten a polivalencia da arquitectura, ao contemplar vivendas, rehabilitacións, deseños de interiores ou mesmo planificación urbana e paisaxismo.

Agradeceu a labor dos arquitectos, un colectivo esencial para o desenvolvemento económico e social da comunidade. Neste sentido, recordou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas colabora co sector para  ordenar o territorio, contruír vivendas ou recuperar o patrimonio, entre outras moitas accións.

Lembrou a colaboración en marcha co Colexio de Arquitectos de Galicia, a través do 'Proxecto Terra', que divulga a importancia do urbanismo e promove un uso sostible dos espazos habitados. Tamén o COAG achega os seus coñecementos no Observatorio da Vivenda de Galicia, con presenza no Pleno e participando nas seccións de Intermediación, Social e Técnica.

Puxo en valor a intensificación do traballo que está a facer a Xunta para facilitar o acceso á vivenda. Así, detallou que o Goberno galego segue avanzando no reto de duplicar o parque público para acadar 8.000 vivendas.

Apuntou que o Executivo autonómico está a activar medidas para que construír, rehabilitar e desenvolver solo residencial sexa máis áxil.

Salientou que nos últimos catro anos o Goberno galego investiu 17M€ en máis de 80 actuacións ao abeiro do programa Hurbe, co que se apoia aos concellos para a humanización e recuperación de espazos públicos. De xeito máis concreto, dende o 2010 súmanse máis de 400 actuacións grazas a este programa, un exemplo da cooperación entre administracións.

Premiados

Os premios do Colexio de Arquitectos recoñeceron 13 obras e proxectos en Carnota, Santiago, A Coruña, Gondomar, Porqueira, Porto do Son, Barro, A Pobra do Caramiñal, Xenebra (Suíza) e Ica (Perú). Ademais, Alberto Noguerol foi distinguido a título póstumo, pola súa traxectoria profesional.

Entre outros, foron recoñecidos proxectos como a reforma da envolvente e integración do antigo edificio de "Espellos" en San Caetano (Santiago), de Lucas Díaz Sierra e Gustavo Díaz García, na categoría de Outros Edificios, na que tivo accésit a rehabilitación da estación de autobuses de Pontevedra, de Manuel Vázquez Muiño.

Así mesmo, obtiveron distinción a restauración do pavillón historicista e o muro perimetral de San Martín Pinario (de Juan Orozco Corredoira e Iago Seara Morales). Nesta modalidade de Rehabilitación patrimonial e restauración houbo accésits para os proxectos do Centro Cultural Forges da Fonsagrada (Daniel Gómez Magide) e a rehabilitación interior e mellora da accesibilidade da Casa Consistorial de Pontevedra (María Gracia Amandi Joglar e Dionisio Jorge de Uña Santos)

Ademais, o Plan Básico Municipal do Concello de Porqueira (Ourense), redactado por José González-Cebrián Tello, foi distinguido en Planificación urbana. E, en deseño de espazos urbanos, xardinería e paisaxismo premiouse a mellora do bordo da praia de Porto do Son, de Juan José Creus Andrade, Covadonga Carrasco López, Marcial Rodríguez Rodríguez, José Martín Valladares Durán e Alberto Redondo Porto.

Por outra banda, o premio á obra no exterior fue ex aequo para os proxectos Ancien Manège, en Xenebra, Suíza, de Stefano Daniele Ciurlo Walker e Aurora Armental Ruíz, e o da Escola Inicial 140 na comunidade de Santa Cruz de Villacuri (Barrio Chino) en  Ica, Perú, a cargo de Betsaida Curto Reyes e Ander Bados Sesma.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/04/2025
978075 {"title":"A conselleira María M. Allegue destaca o papel clave dos arquitectos \"que contribúe á marca Galicia Calidade\"","published_date":"2025-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"978075"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-05/978075-conselleira-maria-m-allegue-destaca-papel-clave-dos-arquitectos-contribue-marca-galicia-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.