Martina Aneiros destaca a Semana Santa de Ferrol como motor de dinamización turística e económica da cidade durante a lectura do pregón no Teatro Jofre
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 5 de abril de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, comprometeu, unha vez máis, o apoio do Goberno galego, á celebración da Semana Santa ferrolá durante á lectura do pregón que este ano correu a cargo do sacerdote xesuíta, Daniel Cuesta.
Durante o acto que se desenvolveu no teatro Jofre, Aneiros destacou a relevancia desta Festa de Interese Turístico Internacional como "motor de dinamización turística e económica" da cidade. Puxo ademais en valor o traballo de todas as persoas que contribúen a que esta celebración sexa unha realidade e atraia cada ano a milleiros de persoas e reivindicou a Semana Santa ferrolá "como patrimonio de toda unha cidade e unha mostra do compromiso e a paixón coa que Ferrol vive estes días tan especiais.".
A representante da Xunta destacou a aportación do evento á desestacionalización da oferta turística de Galicia e convidou a visitar estes días a cidade.