A conselleira María M. Allegue destaca o papel clave dos arquitectos "que contribúe á marca Galicia Calidade"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Allegue trasladou os parabéns da Xunta aos premiados, por unhas obras polivalentes que inclúen vivendas, rehabilitacións, deseños de interiores ou planificación urbana
- Recordou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas colabora co sector para ordenar o territorio, construír vivendas ou recuperar o patrimonio
- Detallou que a Xunta avanza no reto de duplicar nesta lexislatura o parque público para acadar 8.000 vivendas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2025
A conselleira María M. Allegue destacou o papel clave dos arquitectos para acadar unha Galicia máis acolledora, cohesionada e preparada para os desafíos do futuro. "Co voso traballo -subliñou-, contribuídes de xeito moi notable á marca Galicia Calidade pola que todos avogamos".
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta tarde na entrega dos XXI Premios COAG de Arquitectura.
Trasladou os parabéns da Xunta aos premiados, por unhas obras que reflicten a polivalencia da arquitectura, ao contemplar vivendas, rehabilitacións, deseños de interiores ou mesmo planificación urbana e paisaxismo.
Agradeceu a labor dos arquitectos, un colectivo esencial para o desenvolvemento económico e social da comunidade. Neste sentido, recordou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas colabora co sector para ordenar o territorio, construír vivendas ou recuperar o patrimonio, entre outras moitas accións.
Lembrou a colaboración en marcha co Colexio de Arquitectos de Galicia, a través do 'Proxecto Terra', que divulga a importancia do urbanismo e promove un uso sostible dos espazos habitados. Tamén o COAG achega os seus coñecementos no Observatorio da Vivenda de Galicia, con presenza no Pleno e participando nas seccións de Intermediación, Social e Técnica.
Puxo en valor a intensificación do traballo que está a facer a Xunta para facilitar o acceso á vivenda. Así, detallou que o Goberno galego segue avanzando no reto de duplicar o parque público para acadar 8.000 vivendas.
Apuntou que o Executivo autonómico está a activar medidas para que construír, rehabilitar e desenvolver solo residencial sexa máis áxil.
Premiados
Os premios do Colexio de Arquitectos recoñeceron 13 obras e proxectos en Carnota, Santiago, A Coruña, Gondomar, Porqueira, Porto do Son, Barro, A Pobra do Caramiñal, Xenebra (Suíza) e Ica (Perú). Ademais, Alberto Noguerol foi distinguido a título póstumo, co premio á traxectoria profesional.
Entre outros, foron recoñecidos proxectos como a reforma da envolvente e integración do antigo edificio de "Espellos" en San Caetano (Santiago), de Lucas Díaz Sierra e Gustavo Díaz García, na categoría de Outros Edificios, na que tivo accésit a rehabilitación da estación de autobuses de Pontevedra, de Manuel Vázquez Muiño.
Así mesmo, obtiveron distinción a restauración do pavillón historicista e o muro perimetral de San Martín Pinario (de Juan Orozco Corredoira e Iago Seara Morales). Nesta modalidade de Rehabilitación patrimonial e restauración houbo accésits para os proxectos do Centro Cultural Forges da Fonsagrada (Daniel Gómez Magide) e a rehabilitación interior e mellora da accesibilidade da Casa Consistorial de Pontevedra (María Gracia Amandi Joglar e Dionisio Jorge de Uña Santos)
Ademais, o Plan Básico Municipal do Concello de Porqueira (Ourense), redactado por José González-Cebrián Tello, foi distinguido en Planificación urbana. E, en deseño de espazos urbanos, xardinería e paisaxismo premiouse a mellora do bordo da praia de Porto do Son, de Juan José Creus Andrade, Covadonga Carrasco López, Marcial Rodríguez Rodríguez, José Martín Valladares Durán e Alberto Redondo Porto.
Por outra banda, o premio á obra no exterior fue ex aequo para os proxectos Ancien Manège, en Xenebra, Suíza, de Stefano Daniele Ciurlo Walker e Aurora Armental Ruíz, e o da Escola Inicial 140 na comunidade de Santa Cruz de Villacuri (Barrio Chino) en Ica, Perú, a cargo de Betsaida Curto Reyes e Ander Bados Sesma.