Valentín García gaba a figura de Victorino Gutiérrez polo "seu gran papel como dinamizador da lingua"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral da Lingua participou en Lalín na descuberta dunha placa en homenaxe ao notario, cofundador da Irmandade Xurídica Galega

Lalín (Pontevedra), 5 de abril de 2025
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na descuberta dunha placa conmemorativa dedicada a VIctorino Gutiérrez Aller nunha homenaxe que o Concello de Lalín lle rende así ao notario cofundador da Irmandade Xurídica Galega.
No acto, o representante da Xunta destacou da súa figura "o seu gran papel como dinamizador da lingua galega nun ámbito tan específico como é o xurídico" e todo un exemplo, dixo, "de como integrar o noso idioma e incentivar o seu uso en todos os ámbitos e sectores profesionais". Así, lembrou que precisamente nestes momentos o Goberno galego está a acometer un gran plan que abrangue moi diversos eidos, con medidas para prestixiar o galego como lingua habitual en espazos concretos que van desde a Xustiza e a Administración, ata a Educación ou a Sanidade.
Valentín García agradeceu o esforzo tamén das distintas entidades que traballan en prol da galego como o caso da propia Irmandade Xurídica Galega que "promove o seu uso como lingua de traballo". É por iso que fixo fincapé na apertura do Pacto pola Lingua impulsado desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, á participación de moi diferentes institucións, asociacións e colectivos "cuxas achegas consideramos esenciais para chegar ao mellor marco posible para o galego".