Portos de Galicia outorga á OPP Illa de Arousa a instalación dunha estrutura ancorada a dique para o proxecto experimental de preengorde de moslucos bivalvos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2025
Portos de Galicia vén de autorizar a ocupación de dominio público portuario á Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños Illa de Arousa (OPP20) a instalación no dique aboiante dun sistema de contención de semente dentro do proxecto experimental de preengorde de moluscos bivalvos. Esta autorización administrativa contempla un período de vixencia de catro anos sen posibilidade de prórroga.
Esta autorización favorece o desenvolvemento dun proxecto piloto co que esta Organización pretende garantir a poboación da ameixa nos bancos marisqueiros que xestiona. Así, a iniciativa contempla a colocación de varias xaulas de alevíns deste molusco ó longo do dique aboiante de tal xeito que permanezan somerxidas, co fin de que sirva como zona de preengorde durante un ano, antes de que poidan ser sementadas nas praias.