A Xunta forma a técnicos das administracións autonómica e local no emprego da madeira como elemento estrutural na construción pública
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, acompañou ao alumnado do curso Madeira estrutural. Bases e sistemas produtivos, organizado pola EGAP, nas visitas realizadas esta mañá á firma Xilonor e ás obras do novo centro de saúde de Abegondo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Coirós/Abegondo, 04 de abril de 2025
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, puxo en valor esta mañá a aposta do Xunta de Galicia por impulsar a madeira como elemento construtivo nas edificacións públicas, así como na importancia de formar nesta materia aos profesionais das administracións.
Fernández Ríos acompañou ao alumnado do curso Madeira estrutural. Bases e sistemas construtivos, nas visitas á empresa Xilonor, fabricante de madeira contralaminada (CLT) de piñeiro 100% galego, e provedora deste elemento construtivo no novo centro de saúde de Abegondo, unha edificación en construción promovida polo Sergas e a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e que tamén foi visitada hoxe.
A actividade está organizada pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) no marco do Plan de Formación 2025 e coordinado pola Xera e se imparte nas modalidades de teleformación e presencial. Destinada ao persoal das administracións autonómica e local, trátase da primeira das catro accións formativas que a Consellería de Economía e Industria promove no marco do compromiso do Goberno galego para que o 20% da obra pública se faga en madeira.
O director da Xera aproveitou a súa presencia para animar aos 35 técnicos procedentes da Xunta e de preto dunha vintena de concellos galegos, para que afiancen os seus coñecementos no eido dos produtos e ferramentas de utilidade respecto do emprego da madeira estrutural e tamén para a contratación pública de edificacións sustentables, as dúas cuestións principais sobre as que está a xirar esta formación.
Finalmente, Alfredo Fernández subliñou que o emprego da madeira maciza industrializada está a medrar de xeito exponencial cada ano, unha mostra da aposta pola construción máis sustentable, eficiente e saudable.