O operador turístico alemán do grupo Dertour dá a coñecer o destino Galicia para traer en outono 1.200 turistas en oito voos charter

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Xosé Merelles recibiu na Praza do Obradoiro a 16 axentes de viaxes alemáns que veñen a coñecer os recursos dos tres paquetes turísticos que oferta Dertour no mercado alemán
  • Alemaña ocupa o terceiro país o ranking de principais mercados internacionais que visitan Galicia
  • A viaxe de familiarización enmárcase no plan de accións de promoción de Turismo de Galicia que inclúe 130 accións en 30 mercados nacionais e internacionais
Imagen del artículo O operador turístico alemán do grupo Dertour dá a coñecer o destino Galicia para traer en outono 1.200 turistas en oito voos charter
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiu esta tarde a un grupo de 16 axentes de viaxes do operador turístico do grupo Dertour que comezan este xoves unha viaxe de familiarización co fin de coñecer os recursos e atractivos do destino Galicia. Está enmarcada no plan de accións de promoción Turismo de Galicia que inclúe ata 130 iniciativas en 30 mercados nacionais e internacionais cun investimento de 13M€.

A axencia alamana ten previsto ofertar na súa carteira de propostas nos meses de setembro e outubro tres produtos turísticos ao redor do patrimonio cultural e a paisaxe, o turismo urbano e o Camiño de Santiago desde Sarria ata a capital de Galicia co fin de que fretar oitos voos que mobilizarán a uns 1.200 turistas alemáns.

O director de Turismo de Galicia salientou o interese amosado por este operador turístico alemán e engadiu que "todo o que van a visitar estes días dará boa conta da calidade, a variedade e singularidade da oferta turística de Galicia". Xosé Merelles lembrou que o pasado ano Galicia recibiu a visita de 180.463 turistas alemáns que fixeron máis de 307.000 noites. Neste escenario, "Alemaña ocupa o terceiro lugar no ranking de principais mercados internacionais, por detrás de Portugal e EEUU", destacou.

Xosé Merelles tamén salientou que "o 63% dos turistas alemáns visita Galicia por vacacións ou ocio" engadindo que ata setembro do pasado ano, "o gasto total do turismo alemán ascendeu a 58,9 millóns de euros", cifra que supera nun 24% o dato do mesmo período de 2023. O gasto medio diario do turista alemán sitúase en 109,6 euros por persoa e día, un 12% máis que en 2023, asegurou.

Cidades, vilas, enoturismo e paisaxe

Os profesionais alemáns visitarán ata o vindeiro domingo cidades como Santiago de Compostela, A Coruña e vilas como Betanzos, Cambados, Combarro, A Toxa, O Grove, ademais de navegar pola Ría de Arousa, coñecer experiencias enoturísticas a través das adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas, e visitar a Costa da Morte onde coñecerán o pasado dos múltiples naufraxios acontecidos, ademais de  Fisterra, Muxía e a fervenza do Ézaro, a única en Europa que desemboca directamente no mar.

Os axentes de viaxes alemáns veñen a coñecer os recursos turísticos que compoñen os tres paquetes que ofertarán no mercado alemán co fin de fretar oito voos que sairán no mes de setembro desde as cidades de Rostock, Erfurt e Lübeck e posteriormente, en outubro, desde Núremberg, Dresde, Hannóver, Bremen e Saarbrünken.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/04/2025
975626 {"title":"O operador turístico alemán do grupo Dertour dá a coñecer o destino Galicia para traer en outono 1.200 turistas en oito voos charter","published_date":"2025-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"975626"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-03/975626-operador-turistico-aleman-do-grupo-dertour-da-conecer-destino-galicia-traer-outono-1-200-turistas-oito-voos-charter https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.