O sector teatral galego celebra os seus XXIX Premios María Casares co apoio da Xunta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Entre os 17 espectáculos que compiten como finalistas, atópanse a produción propia do Centro Dramático Galego 'Os actos e as profecías' e a coprodución 'Nada se sabe' con Culturactiva
  • A compañía Sarabela Teatro conducirá a gala na que se homenaxearán os diferentes oficios escénicos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 28 de marzo de 2025

A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios María Casares de Teatro, que congregará no Teatro Rosalía Castro unha ampla representación do sector escénico galego. A Xunta renova un ano máis a súa colaboración económica coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia para a organización destes galardóns, destinados a poñer en valor os mellores traballos do teatro galego durante 2024.

Así o expresou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, durante a súa intervención na presentación da gala, da que destacou o seu valor á hora de proxectar cara á sociedade a calidade e variedade da actual produción teatral galega. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude felicitou os 17 espectáculos que compiten como finalistas nas 16 categorías convocadas, entre os que se referiu especialmente ás candidaturas de montaxes producidas ou promovidas polo Centro Dramático Galego.

En concreto, a produción propia Os actos e as profecías suma catro finalistas -Tamara Canosa en dirección, José Faro "Coti" en espazo escénico e Montse Piñeiro e Marta Ferrer Ucelay en vestiario e en maquillaxe-, mentres que a coprodución con Culturactiva Nada se sabe tamén compite no apartado de mellor vestiario polo traballo de La Canalla.

Homenaxe á profesión escénica

Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañía Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañías ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e Víctor Mosqueira.

Ademais, no transcurso do evento renderáselle homenaxe ao actor Xabier Deive, falecido en xullo do ano pasado, coa entrega a título póstumo do Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, do que foi presidente entre 2019 e 2021.

A cerimonia de entrega poderá seguirse en directo, desde as 20,30 h., a través da canle de YouTube dos premios.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/03/2025
967383 {"title":"O sector teatral galego celebra os seus XXIX Premios María Casares co apoio da Xunta","published_date":"2025-03-28","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/170151-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"967383"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-28/967383-sector-teatral-galego-celebra-os-seus-xxix-premios-maria-casares-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.