Rueda adianta novas estratexias para garantir a calidade de vida dos maiores galegos na presentación do Carné +65
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Subliña a importancia de dar a coñecer as oportunidades e vantaxes do novo carné entre usuarios e establecementos
- Nestes momentos, xa se enviaron máis de 600.000 carnés, que se poderán empregar en 700 establecementos de toda Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
O Grove (Pontevedra), 28 de marzo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, adiantou hoxe, durante a presentación do Carné +65, novas estratexias para garantir a calidade de vida dos maiores galegos.
Durante a súa intervención na presentación do programa Carné +65, unha iniciativa da Xunta para ofrecer facilidades aos maiores galegos que inclúe descontos e acceso a servizos culturais, de ocio ou sanitarios, Rueda sinalou que esta medida axuda a aproveitar as oportunidades de "ter tempo para desfrutar un pouco máis da vida".
Neste sentido, o titular do Goberno galego subliñou a importancia de dar a coñecer as "oportunidades e vantaxes" deste carné a usuarios e establecementos para fomentar o seu uso e aumentar o número de locais adheridos: "teñen que ser máis".
A este respecto, Rueda adiantou dúas estratexias sobre as que xa traballa a Xunta, e que verán a luz en breves: unha para a prevención da soidade non desexada, que incorpora a entidades sociais e Administracións locais no esforzo; e outra para erradicar o chamado idadismo ou discriminación por razón de idade, traballando en iniciativas que eliminen os estereotipos ao respecto.
Estas actuacións sumaríanse a outras iniciativas xa en marcha para ofrecer os mellores servizos de lecer e aprendizaxe aos maiores galegos, incluíndo estadías en balnearios, programas universitarios ou clases para dominar as novas tecnoloxías, entre outros.
Este carné, 100% gratuíto, abrangue 700 establecementos espallados por toda a xeografía galega, se ben esta cifra podería ampliarse ata os 1.000 ao longo deste ano. Nestes momentos, xa son máis de 600.000 persoas as que contan coa tarxeta na súa posesión para desfrutar dos beneficios incluídos.