A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol 'O Espiñedo' do Carballiño cunha achega de 60.000€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para coñecer as actuacións executadas no marco das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
  • Actuouse no sistema de iluminación, co cambio dos proxectores por outros de tecnoloxía Led e a reforma do cadro de mando eléctrico

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

O Carballiño (Ourense), 28 de marzo de 2025

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o campo de fútbol O Espiñedo, no Carballiño, para comprobar as melloras de eficiencia enerxética realizadas co apoio do Goberno galego. As obras contaron cunha achega de 60.000 euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, dotado con 5 millóns de euros.

As melloras centráronse na iluminación, coa substitución dos actuais proxectores por outros con tecnoloxía Led e a reforma do cadro de mando eléctrico da instalación. Segundo sinalou a directora xeral, os obxectivos da actuación son favorecer o aforro enerxético e adaptar a iluminación á normativa técnica de instalacións deportivas, que indica a calidade da iluminación segundo a categoría na que se xogue.

Natalia Prieto lembrou que desde o 13 de marzo xa está aberto o prazo da nova convocatoria das axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local para melloras de eficiencia enerxética, dirixida a concellos de menos de 15.000 habitantes, e animou as administracións locais a solicitalas. O orzamento para este exercicio mantense nos 5 millóns de euros.

Ademais de darlle prioridade a instalacións deportivas, educativas, sociais, sanitarias ou culturais, nesta liña valórase o tipo de investimento, con maior puntuación para a instalación de caldeiras  alimentadas con enerxías renovables ou a renovación e reformas de cubertas. A maiores, téñense en conta as melloras da envolvente térmica, na instalación eléctrica ou na iluminación, entre outras, así como a necesidade específica das actuacións previstas.

Achegas de ata 60.000 euros

As achegas poden ascender ata os 60.000 euros por concello, sen que a contía poida exceder o custo da actuación, que debe ser dunha única fase e supoñer a posta en servizo inmediata do proxecto.

A directora xeral explicou que a través desta medida se busca atender as necesidades das localidades de menor poboación, para garantir a mellor calidade na prestación de servizos municipais a toda a poboación galega, con independencia do lugar de residencia. No pasado exercicio houbo case un cento de concellos beneficiarios en toda Galicia. Deste total, 28 son da provincia de Ourense aos que se destinou un orzamento superior aos 1,5 millóns de euros.

A iniciativa enmárcase no apoio da Xunta ás administracións locais, co Fondo de Cooperación Local como instrumento central de colaboración económica para garantir a suficiencia financeira dos concellos. Natalia Prieto lembrou que neste exercicio o Fondo de Cooperación Local medra ata os 168 millóns de euros, 10 millóns máis que en 2024.

As axudas do fondo adicional súmanse ademais a outras convocatorias tamén xa publicadas, como a Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros, o Fondo de Compensación Ambiental, que conta con máis de 11 millóns de euros, ou as axudas plurianuais á eficiencia enerxética cofinanciadas con fondos Feder e cun presuposto de 5 millóns de euros. A elas sumarase proximamente a da liña de apoio a proxectos estratéxicos do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, posta en marcha en 2024 e dotada con 8,5 millóns de euros.

As obras no campo de fútbol O Espiñedo forman parte do conxunto de actuacións impulsadas polo concello do Carballiño co apoio da Xunta a través das distintas ordes de axudas ás administracións locais. Neste marco de actuación o Goberno galego investiu nos últimos anos preto de 900.000 euros neste municipio.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/03/2025
967360 {"title":"A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol 'O Espiñedo' do Carballiño cunha achega de 60.000€","published_date":"2025-03-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169965-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"967360"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-28/967360-xunta-impulsa-mellora-da-eficiencia-enerxetica-campo-futbol-espinedo-do-carballino-cunha-achega-60-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.