Román Rodríguez apoia en Bruxelas o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que compite nunha feira científica cun motor de hidróxeno deseñado por eles

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O equipo galego, integrado por cinco alumnos de Bacharelato, cunha proposta como alternativa sostible aos combustibles fósiles, mídese con 50 equipos de 15 países
  • O conselleiro de Educación salienta que a proposta é "un claro exemplo do talento científico" do ensino galego, que ostenta o mellor nivel de España nesta materia

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Bruxelas, 28 de marzo de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, apoia en Bruxelas a presentación a nivel europeo dun proxecto de innovación científica deseñado por un equipo de estudantes de Bacharelato do Instituto IES Carlos Casares, de Vigo, que participan na Expo Belgian Science que ten lugar entre hoxe e mañá na capital da UE.

O titular de Educación do Goberno galego aproveitou para felicitar persoalmente aos estudantes Anxo Lamela, Brais Outerelo, Daniel Rodríguez, Icía Carreira e Roque Miguéns, que se desprazaron a Bruxelas acompañados pola profesora Cristina Salgado, para presentar nesta feira o seu pioneiro motor de hidróxeno como alternativa sostible aos combustibles fósiles, que xa foi merecedor de galardóns a nivel nacional e internacional. Na súa visita á feira, estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.

Segundo Román Rodríguez, esta proposta "demostra o talento científico dos estudantes galegos", na liña dos resultados do informe PISA que sitúa a Galicia como a comunidade autónoma co mellor nivel de ciencia de toda España e no oitavo posto a nivel mundial.  "Para o sistema educativo galego é un gran orgullo estar nunha feira tan competitiva e prestixiosa coma esta", abondou o conselleiro, quen aproveitou para loar a implicación, a capacidade creativa e a ilusión de alumnos e profesores que contan "con todo o apoio por parte da Xunta de Galicia".

Compromiso adquirido en novembro

Non en balde este proxecto está aliñado coa folla de ruta da Consellería de fomento das vocacións científicas e tecnolóxicas, áreas claves para o futuro de Galicia. O propio conselleiro coñeceu o proxecto nunha visita ao centro o pasado mes de novembro e comprometeuse a facer todo o posible para acompañalos na cita en Bruxelas.

O equipo do instituto vigués que representa a Galicia participa nesta mostra que cada ano organiza a entidade Xoves Científicos de Bélxica xunto con arredor de 50 equipos procedentes de 15 países, cos que poderán compartir opinións, experiencias e habilidades.

Resultados prometedores

O proxecto do equipo de alumnos do Instituto Carlos Casares combina o deseño dunha hidroxenera propia para producir hidróxeno e a adaptación dun motor de combustión para funcionar con este gas no canto de gasolina. Desta maneira, a tecnoloxía, que xera unicamente auga como residuo, aposta pola reciclaxe de vehículos actuais e a redución de materiais contaminantes.

 Esta investigación, feita de principio a fin polos mencionados cinco estudantes, xa deu resultados prometedores e busca afondar no seu desenvolvemento grazas a novos apoios. Nesta liña, o equipo prevé unha visita a un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Valencia para mellorar o prototipo e avanzar na súa investigación.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/03/2025
967322 {"title":"Román Rodríguez apoia en Bruxelas o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que compite nunha feira científica cun motor de hidróxeno deseñado por eles","published_date":"2025-03-28","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169749-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"967322"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-28/967322-roman-rodriguez-apoia-bruxelas-alumnado-do-ies-carlos-casares-vigo-compite-nunha-feira-cientifica-cun-motor-hidroxeno-desenado-eles https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.