Galicia presenta á Comisión Europea a súa aposta pola supercomputación, a cuántica e a intelixencia artificial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Estas tecnoloxías, definidas como de alto impacto, teñen capacidade para promover unha transformación profunda e acadar un impacto económico relevante
  • A cuántica e a IA son eixos estratéxicos transversais do Plan galego de I+D+i, en liña coa estratexia europea para reforzar a soberanía tecnolóxica e a competitividade
  • Román Rodríguez tamén se reúne con representantes do Parlamento Europeo e da Representación Permanente de España na UE para abordar temas vinculados á I+D+i

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Bruxelas, 27 de marzo de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencias, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión de traballo en Bruxelas co director adxunto da Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contidos e Tecnoloxías da Comisión Europea, Thomas Skordas, para presentarlle a aposta que está a realizar Galicia pola supercomputación e as tecnoloxías profundas, como a cuántica e a intelixencia artificial, e as actuacións que se están a desenvolver neste eido.

No marco da súa visita a Bruxelas, onde estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o conselleiro trasladoulle ao representante da Comisión Europea os importantes investimentos que está a realizar Galicia nestas áreas, como o computador cuántico Qmio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) ou a ampliación do Cesga cun investimento de 56 M€ en marcha. Así mesmo, destacou o desenvolvemento da Comunidade na I+D+i ao redor destas tecnoloxías, que están a usar estas infraestruturas en beneficio do avance do coñecemento e da súa aplicación.

O titular de Ciencia afirmou que Galicia conta cos medios para situarse como un territorio destacado no marco europeo nos eidos da cuántica e da intelixencia artificial, grazas ás medidas que se están a impulsar e aos investimentos históricos realizados. De feito, estas tecnoloxías son eixos estratéxicos transversais do novo Plan galego de I+D+i 2025-2027 e consideradas de alto impacto polo seu potencial para contribuír a unha transformación profunda do tecido produtivo e a súa contribución ao avance da I+D+i e o desenvolvemento do sector. Con esta aposta, preténdese, polo tanto, seguir contribuíndo a reforzar a soberanía tecnolóxica de Europa desde o sur do continente.

Outros encontros con representantes europeos

Román Rodríguez tamén mantivo outras reunións de traballo na capital belga con representantes europeos para tratar temas vinculados coa ciencia e a innovación. Concretamente, reuniuse coa eurodeputada da Comisión de Innovación Eva Meydell e co eurodeputado da Comisión de Mercado Interior e Protección dos Consumidores Andreas Schawab. Así mesmo, Román Rodríguez mantivo un encontro con membros da Representación Permanente de España na Unión Europea (REPER) vencellados ao ámbito da investigación e a innovación, como o conselleiro de Ciencia e Innovación, David González, e a conselleira de Asuntos Autonómicos, Florencia Cuervo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/03/2025
966463 {"title":"Galicia presenta á Comisión Europea a súa aposta pola supercomputación, a cuántica e a intelixencia artificial","published_date":"2025-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169859-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"966463"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-27/966463-galicia-presenta-comision-europea-sua-aposta-pola-supercomputacion-cuantica-e-intelixencia-artificial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.