Rueda reafirma a aposta da Xunta por un urbanismo sustentable e de calidade ante os retos do sector inmobiliario
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Salientou ao sector como "un piar da economía galega, fonte de emprego estable, de riqueza transversal e de desenvolvemento urbano"
- Reiterou o compromiso da Administración autonómica coa construción de vivenda, con preto de 4.000 novos inmobles, dos cales xa están en execución a metade
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 27 de marzo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na cerimonia de entrega dos XXIX Premios Aproin, entregados pola Asociación de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra, e que recoñecen os proxectos e execucións mellor desenvoltos ao longo do ano anterior na provincia pontevedresa.
O xefe do Executivo galego eloxiou a visión dos homenaxeados, asegurando que o sector inmobiliario é "un piar da economía galega, fonte de emprego estable, de riqueza transversal e de desenvolvemento urbano". Neste senso, agradeceu os pasos dados nos últimos anos polos profesionais do urbanismo "cara unha maior eficiencia, maior sustentabilidade e adaptado ás necesidades reais da sociedade".
Fronte aos futuros desafíos que enfronta o desenvolvemento urbano, Rueda subliñou o compromiso da Xunta co sector "cara proxectos que melloren a vida dos galegos". Así, reiterou o compromiso da Administración autonómica coa construción de vivenda, que busca duplicar o parque público con 4.000 novos inmobles, dos cales xa están en execución a metade.
No caso de Vigo, onde se celebrou a cerimonia, o titular do Goberno galego subliñou que se construirán 1.600 edificios en Navia, e apuntou á importancia de aprobar canto antes o PXOM para brindar seguridade xurídica aos profesionais da construción. "A Xunta xa axilizou ao máximo o estudo e os trámites", asegurou.
Premiados
En canto á listaxe de galardoados nesta edición, o Premio Aproin 2024 de mellor actuación inmobiliaria recaeu na promotora Arial pola construción de 75 vivendas en Foxos, entre Sanxenxo e O Grove.
No apartado de mellor rehabilitación, o proxecto agraciado foi a recuperación do edificio nos 2 e 4 da Rúa Xelmírez de Vigo, a cargo da Empresa Promocións e Inversións Valdeorras. Finalmente, na categoría de mellor obra non residencial, premio ex aequo a dúas obras: a nova sede de Aspanex, no barrio vigués de Coia, levada a cabo polo arquitecto Víctor Collazo; e a restauración do Pazo da Raposeira, no barrio da Sardoma, obra do proxectista Emilio Estévez.