Villares analiza co sector as medidas de apoio despregadas polo Goberno autonómico ao abeiro do Plan de Competitividade e Sostibilidade 24-25

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O titular de Mar resaltou as distintas ordes de axuda postas en marcha pola Consellería que permitiron afondar na sostibililidade presente e futura da actividade marisqueira
  • Tamén subliñou o investimento de 24 millóns de euros en investigación para analizar os factores que inflúen na produción así como o deseño de medidas que permitan mitigar o seu impacto
Imagen del artículo Villares analiza co sector as medidas de apoio despregadas polo Goberno autonómico ao abeiro do Plan de Competitividade e Sostibilidade 24-25
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro con representantes das Federacións de Confrarías de Pescadores no que serviu para facer o seguimento das actuacións realizadas ata agora pola Xunta ao abeiro do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia, dotado con 123 millóns de euros. Acompañado pola secretaria xeral Técnica da Consellería, Marta Barreiro, pola directora xeral de Pesca Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, subliñou o compromiso do Goberno galego co sector que se materializa na mobilización de recursos e de medidas de apoio.

O responsable autonómico recordou as dúas ordes de axudas convocadas pola Consellería do Mar para a mellora da xestión e conservación dos bancos marisqueiros, que ascenden a 2,2 millóns de euros, destinadas a promover a elaboración e desenvolvemento de proxectos que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro. Uns apoios, resaltou, que contribúen a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños así como ao desenvolvemento sustentable dos bancos marisqueiros evitando o abandono de zonas produtivas en que se estea a dar unha perda de produtividade.

Nesta liña, destacou a orde de axudas a novos proxectos colectivos de modernización, mellora dos equipamentos e das infraestruturas portuarias dotadas con 9 millóns de euros. Unhas axudas que se suman ás destinadas a proxectos colectivos para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica social e ambientalmente sostible. Ademais, sinalou que as ordes foron incrementadas para atender as necesidades do sector. No caso dos apoios á rexeneración incrementáronse o coste máximo por proxecto a 75.000 € e incluíuse a posibilidade de que o 20% do coste do proxecto se puidese destinar a compensar ás persoas mariscadoras que participasen no mesmo.

Investigación

O Goberno galego tamén realiza unha aposta forte pola investigación co obxectivo de contar coa mellor información dispoñible no deseño de medidas eficaces ante os desafíos aos que se enfronta o sector. Así, neste ámbito, destina 24 millóns de euros a través do Intecmar, o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), do Programa de Ciencias Mariñas ou de Redemar, plataforma de traballo entre os centros de investigación autonómicos e o sector.

Un labor que é reforzado coa orde de axudas para asistencias técnicas ás confrarías o Plan de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, ou o Observatorio Costeiro de Galicia. A isto, súmase a colaboración coas universidades galegas e que está axudando a avanzar na optimización e mellora do proceso de obtención de semente, na obtención de estirpes resistentes aos cambios ambientais e a enfermidades que condicionan a súa viabilidade ou no estudo do estados dos bancos marisqueiros e os factores que inflúen na súa produtividade.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/03/2025
966361 {"title":"Villares analiza co sector as medidas de apoio despregadas polo Goberno autonómico ao abeiro do Plan de Competitividade e Sostibilidade 24-25","published_date":"2025-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169589-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"966361"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-27/966361-villares-analiza-co-sector-as-medidas-apoio-despregadas-polo-goberno-autonomico-ao-abeiro-do-plan-competitividade-e-sostibilidade-24-25 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.