As unidades post-covid do Servizo Galego de Saúde atenderon máis de 26.000 persoas entre os anos 2021 e 2024

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • No ano 2022, as unidades de atención á covid persistente acadaron a súa actividade máxima ao rexistrar un total de 12.104 consultas
  • O descenso significativo do fluxo asistencial vinculado ás doenzas derivadas da covid-19 motivou a reorganización da atención na maioría das áreas sanitarias
  • Desde o inicio da pandemia, Galicia contabiliza un total de 738.828 casos vinculados ao virus Sars-Cov-2, cunha taxa de curación que supera o 99 %
  • Galicia mantense como referente na vacinación fronte a covid-19, destacando tamén no ámbito da investigación desta enfermidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025

As unidades post-covid do Servizo Galego de Saúde atenderon un total de 26.474 persoas entre os anos 2021 e 2024. Así o dixo a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, na súa intervención esta mañá na Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego, do Parlamento de Galicia, en que informou da evolución da atención nas Unidades Multidisciplinares Post-Covid desde a súa constitución, en 2021, nas sete áreas sanitarias de Galicia.

Explicou que o obxectivo da súa creación era achegar unha atención e recuperación axeitadas e de máxima calidade aos pacientes afectados por esta patoloxía, unha vez superada a súa fase aguda. As unidades configuráronse principalmente con profesionais de Medicina Interna, Pneumoloxía e de Enfermería, rexistrando unha intensa actividade nos primeiros anos da pandemia.

As consultas vinculadas á covid persistente acadaron a súa actividade máxima no ano 2022 ao rexistrarse un total de 12.104 atencións, fronte ás 7.662 que tiveron lugar en 2021. Desde xaneiro de 2023, o fluxo de pacientes nestas unidades descendeu dun xeito significativo, ao contabilizarse 5.406 consultas nese ano e 1.302 en 2024. Este descenso da demanda provocou que se reorganizase a atención na maioría das áreas sanitarias e co consenso cos seus equipos profesionais, a continuidade asistencial especializada pasou aos servizos hospitalarios de referencia.

Desde o inicio da pandemia, Galicia contabiliza un total de 738.828 casos vinculados ao virus Sars-Cov-2, cunha taxa de curación que supera o 99 %.

Galicia, referente en vacinación e investigación da covid-19

A comunidade galega mantense na actualidade como un referente nacional de internacional no ámbito da vacinación fronte o virus Sars-Cov-2. Así, mesmo tamén destaca no eido da investigación da enfermidade.

En xuño do ano 2021, Galicia converteuse na primeira comunidade en enviar aos seus pacientes un cuestionario deseñado por especialistas sanitarios para dimensionar e caracterizar como afectaba esta patoloxía á poboación galega, unha vez cumpridas as 12 semanas do diagnóstico positivo.

A Xunta enviou máis de 560.000 cuestionarios, dos que se obtiveron máis de 130.000 respostas. Entre os resultados obtidos nesta recollida de información confirmouse que estaban en seguimento asistencial polos Servizos de Atención Primaria o 9,2 % dos pacientes, e case un 3 % a seguimento no hospital.

Ademais, posibilitou acadar diferentes conclusións entre as que destacan que o 19 % presentaron algún grado de dificultade respiratoria; 13 % manifestou perda de gusto ou olfato; case o 10 % presentaron síntomas incapacitantes para facer mínimos esforzos que antes podía realizar; o 5 % identificaron dificultades para concentrarse ou problemas de memoria; e o 3 % afirmou sufrir insomnio a diario.

Esta investigación permite que o Servizo Galego de Saúde avance na procura de mellorar a calidade de vida dos seus paciente e na calidade asistencial que presta. Así, cabe salientar que o talento dos seus profesionais posibilitou que a administración sanitaria galega acabe de recibir a designación dun proxecto becado con preto de 150.000€ polo Instituto de Carlos III, para caracterizar definición probabilista da covid persistente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Lobato pechou a súa intervención agradecendo a implicación e o labor de todo o persoal da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Un traballo que permitiu salvar e mellorar a calidade de vida da poboación galega nun momento de máxima complicación e incerteza para o conxunto dos sistemas sanitarios do mundo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/03/2025
966222 {"title":"As unidades post-covid do Servizo Galego de Saúde atenderon máis de 26.000 persoas entre os anos 2021 e 2024","published_date":"2025-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169460-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"966222"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-27/966222-as-unidades-post-covid-do-servizo-galego-saude-atenderon-mais-26-000-persoas-os-anos-2021-e-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.