Unha delegación de diferentes comunidades coñece o modelo de I+D+i da FP galega nos centros Eduardo Barreiros de Ourense e As Mercedes de Lugo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Formación Profesional da Xunta acompaña aos representantes de FP noutras autonomías que participan no Congreso FP Innova que conclúe mañá
Imagen del artículo Unha delegación de diferentes comunidades coñece o modelo de I+D+i da FP galega nos centros Eduardo Barreiros de Ourense e As Mercedes de Lugo
Ourense, 27 de marzo de 2025

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou esta mañá o Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros cunha delegación de representantes dos departamentos educativos de diferentes gobernos autonómicos que se atopan en Galicia para participar no Congreso FP Innova 2025. "Queremos amosar aos compañeiros doutras comunidades o traballo que se está a realizar neste centro, que é unha referencia da I+D+i na FP en España", destacou.

Tal e como explicou a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, "no Eduardo Barreiros traballan da man centros e empresas en proxectos de innovación e investigación que teñen como obxectivo sumar forzas en prol do crecemento dos sectores punteiros da economía galega e da mellor formación posible". "Esta colaboración público-privada contribúe a avanzar de xeito paralelo coas necesidades reais do tecido produtivo, ao tempo que redunda nunha maior inserción laboral dos alumnos da FP galega que participan nestas actividades", salientou.

Os proxectos que se desenvolven neste momento no Centro Eduardo Barreiros afondan en cuestións como a recuperación sostible de auga residual, a mellora do aproveitamento do vehículo eléctrico ou a  creación e deseño de xemelgos dixitais que permitan poñer en práctica procesos de manipulación totalmente automatizados.

Ademais, trabállase na posta en marcha de experiencias e produtos gastronómicos innovadores e na aplicación da intelixencia artificial na aprendizaxe de inglés nos ciclos formativos a través do proxecto Vetinen. Vocational training innovative english.

O Eduardo Barreiros desenvolveu tamén a nova aplicación virtual OPI Orienta, na que os estudantes poden consultar cun holograma adestrado con IA as posibilidades da FP para facilitar a súa orientación vocacional. A ferramenta preséntase estes días en FP Innova 2025 para, a continuación, incorporalo aos centros de cara ao proceso de matrícula.

A excelencia do CIFP As Mercedes

A delegación de representantes dos departamentos educativos de diferentes gobernos autonómicos coñeceu tamén de primeira man o traballo do Centro Integrado de FP As Mercedes, un dos cinco centros galegos que forman parte da Rede Estatal de Excelencia da Formación Profesional. Interesáronse especialmente polo traballo do centro nas dúas familias profesionais nas que é referente, as de Enerxía e auga e de Transporte e mantemento de vehículos. De feito, trátase do único centro de Galicia que imparte o ciclo de Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina, ademais do máster de FP en Aeronaves pilotadas de forma remota-Drons.

Combinando estes dous ámbitos, o CIFP As Mercedes está a presentar en FP Innova 2025 o seu proxecto Innovación no sector Aeronáutico, que inclúe o desenvolvemento de drons que empregan a enerxía solar e o hidróxeno para impulsarse, así como un simulador de realidade virtual para formar o alumnado en mantemento da turbina dun helicóptero. A iniciativa complétase cun centro de control móbil para drons aéreos e acuáticos, centrado na busca de persoas, mellorando a resposta en emerxencias.

Aberto ata o venres

O espazo expositivo do Congreso FP Innova Galicia 2025 permanecerá aberto ao público xeral de xeito gratuíto este xoves en horario de 10,00 h a 14,00 h e de 16,00 h a 19,00 h e de 10,00 h a 14,00 h o venres. Nos seus 4.100m² pódense coñecer preto de 60 iniciativas de centros de toda Galicia, tanto de innovación, que abranguen as tecnoloxías máis avanzadas dos distintos sectores produtivos, como de emprendemento.

No caso do alumnado visitante, dos últimos cursos de Primaria, ESO, Bacharelato e FP, participan tamén nunha quincena de obradoiros sobre biotecnoloxía, creación de contidos mediante intelixencia artificial, robótica, videoxogos, realidade virtual e aumentada e impresión 3D, entre outros. O obxectivo é que poidan experimentar en primeira persoa coas novas tecnoloxías e as innovacións nos distintos ámbitos da Formación Profesional e coñezan as posibilidades que esta lles ofrece.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/03/2025
966219 {"title":"Unha delegación de diferentes comunidades coñece o modelo de I+D+i da FP galega nos centros Eduardo Barreiros de Ourense e As Mercedes de Lugo","published_date":"2025-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169471-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"966219"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-27/966219-unha-delegacion-diferentes-comunidades-conece-modelo-da-fp-galega-nos-centros-eduardo-barreiros-ourense-e-as-mercedes-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.