A Xunta lembra que a solicitude de captación de auga de Greenfiber en Portodemouros está a ser analizada de xeito rigoroso e que só se autorizará se cumpre co plan hidrolóxico Galicia-Costa

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez salienta que mesmo se se concedese a autorización poderían establecerse condicionantes ao promotor, que serían de obrigado cumprimento
  • As estimacións realizadas apuntan a que o caudal real que se prevé consumir sería como máximo o 5% do que circula polo río no mes máis seco de todos os datos que hai dispoñibles, sendo de arredor do 2% nun agosto medio
  • O Executivo galego insta aos partidos da oposición a deixar de poñer en dúbida o labor dos funcionarios da Administración galega pois o procedemento garante completamente o cumprimento da normativa vixente e vela en todo momento polos intereses do conxunto da cidadanía galega
Imagen del artículo A Xunta lembra que a solicitude de captación de auga de Greenfiber en Portodemouros está a ser analizada de xeito rigoroso e que só se autorizará se cumpre co plan hidrolóxico Galicia-Costa
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, instou hoxe no Parlamento a deixar traballar aos técnicos de Augas de Galicia que están a analizar a solicitude de captación de auga de Greenfiber no encoro de Portodemouros, pois están a facer unha avaliación rigorosa e unicamente a aprobarán se o proxecto cumpre co Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa, como se fai con todas as iniciativas deste tipo.

A responsable autonómica lembrou en resposta a unha pregunta parlamentaria que na tramitación desta concesión se realiza unha análise en profundidade dos recursos dispoñibles tendo en conta o efecto do cambio climático segundo os escenario que recolle o Plan Hidrolóxico da Demarcación Galicia-Costa para o ano 2021-2027. Mesmo se se concedese a autorización, indicou, poderían establecerse condicionantes ao promotor, que estaría obrigado a cumprir.

Neste sentido, subliñou que a auga que prevé captar a empresa non se consume na súa totalidade, senón que unha parte moi importante se devolve ao río (os vertidos) tralo correspondente tratamento nunha estación depuradora. De feito, de acordo cos informes dispoñibles, o caudal real que se prevé consumir sería como máximo o 5% do que circula polo río no mes máis seco de todos os datos que hai dispoñibles.

De feito, detallou a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático, as estimacións realizadas apuntan a que nun agosto medio o consumo de auga polas instalacións de Greenfiber sería de arredor do 2% do caudal que circula polo río.

Por iso, Ángeles Vázquez instou aos partidos da oposición a deixar de poñer en dúbida o traballo dos técnicos da Xunta pois o procedemento garante completamente o cumprimento da normativa vixente e vela en todo momento polos intereses do conxunto da cidadanía galega. Nesta liña, pediu que poñan fin á difusión de mentiras que poñen en dúbida o exhaustivo labor e o rigor técnico dos funcionarios do Executivo galego, que teñen como único fin velar porque todos os proxectos que se aproban en Galicia cumpren co que establecen as normas ambientais que lle son de aplicación.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/03/2025
964902 {"title":"A Xunta lembra que a solicitude de captación de auga de Greenfiber en Portodemouros está a ser analizada de xeito rigoroso e que só se autorizará se cumpre co plan hidrolóxico Galicia-Costa","published_date":"2025-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169163-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"964902"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-26/964902-xunta-lembra-solicitude-captacion-auga-greenfiber-portodemouros-ser-analizada-xeito-rigoroso-e-se-autorizara-se-cumpre-co-plan-hidroloxico-galicia-costa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.