A Xunta reforza as medidas para facilitar a emancipación da mocidade con máis vivenda pública, avais e axudas ao alugueiro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Allegue remarcou que o Goberno galego destina este ano 3,8M€ a axudas directas á compra de vivenda por parte da mocidade
  • Precisou que os menores de 36 anos poden recibir ata 10.800€ para comprar unha vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, 20.000€ para vivendas de protección autonómica ou 15.000€ en centros históricos Rexurbe
  • Lembrou que dende o 1 de abril se pode solicitar o Aval Mozo, que cubre o 20% do custo da vivenda para acceder ao 100% do préstamo hipotecario 
  • Concretou que o 40% das novas vivendas públicas en alugueiro estarán destinadas ata 36 anos e un 25% das en venda tamén estarán reservadas para este colectivo
  • Recordou que pese a que o orzamento estatal para o Bono Alugueiro Mozo é insuficiente, a Xunta xestionou as solicitudes con dilixencia e xa está comunicando as primeiras concesións, sen ter rematado aínda o prazo de presentación de peticións

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de marzo 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destaca que a Xunta está a reforzar as medidas para facilitar a emancipación da mocidade, con máis vivenda pública, avais, axudas ao alugueiro e incentivos fiscais. 

Allegue interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde remarcou que o Goberno galego destina este ano 3,8M€ a axudas directas á compra de vivenda por parte da mocidade.

Precisou que os menores de 36 anos poden recibir ata 10.800€ para comprar unha vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, 20.000€ para vivendas de protección autonómica ou 15.000€ en centros históricos Rexurbe.

Recordou que a Xunta vén de publicar unha nova convocatoria do Aval Mozo, que cubre o 20% do custo da vivenda para acceder ao 100% do préstamo hipotecario. O prazo de solicitude arranca o próximo 1 de abril.

Subliñou que o Executivo autonómico ten previsto que se poidan conceder avais para a compra por importe de ata 5M€. Ademais a Xunta estendeu, sen límite de idade, esta iniciativa á compra de vivenda protexida.

María M. Allegue congratulouse de que o Goberno do Estado lance tamén un programa de avais inspirado no modelo galego que, desde o ano 2023, xa concedeu avais por case 4M€.

Fixo fincapé no obxectivo de lexislatura de duplicar o parque de vivenda pública ata alcanzar as 8.000 vivendas. No marco deste compromiso, concretou que polo menos o 40% desas novas vivendas en alugueiro estarán destinadas ata 36 anos e un 25% das vivendas en venda tamén estarán reservadas para este mesmo colectivo. 

De xeito complementario, puxo en valor a rebaixa dos impostos para os menores de 36 anos, xa que a compra da vivenda habitual só pagará un 0,5% en actos xurídicos documentados. No imposto de transmisións patrimoniais, baixouse do 8% ao 3% e incluso ao 0% en zonas menos poboadas.

Axudas alugueiro

Indicou que en paralelo se están a dar respostas ao acceso ao alugueiro, posto que a día de hoxe se teñen adxudicadas o 100% das axudas da convocatoria vixente (2024-2025) do Plan de Vivenda 2024, cofinanciado con 10M€ de fondos propios. 

O Goberno galego tamén está a xestionar o Bono Alugueiro Mozo, denunciando que o seu orzamento é insuficiente, xa que está dotado de 11M€ para 2025 e 2026 e creado sen consenso das comunidades. Aínda así, antes de rematar o prazo das solicitudes, a Xunta xa está a comunicar as primeiras concesións, amosando dilixencia na xestión.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/03/2025
964901 {"title":"A Xunta reforza as medidas para facilitar a emancipación da mocidade con máis vivenda pública, avais e axudas ao alugueiro","published_date":"2025-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169476-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"964901"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-26/964901-xunta-reforza-as-medidas-facilitar-emancipacion-da-mocidade-mais-vivenda-publica-avais-e-axudas-ao-alugueiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.