A Xunta felicita ao Baxi Ferrol por facer historia ao participar na final da Eurocup Women 2025
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Fabiola García agradeceu ás deportistas o seu esforzo para romper barreiras e alcanzar metas dentro do baloncesto profesional
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 26 de marzo de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, asistiu esta tarde ao partido de ida da final da EuroCup Women 2025 entre o Baxi Ferrol e o equipo francés Villenueve-d'Ascq.
A conselleira trasladou ao equipo feminino de baloncesto ás felicitacións do Goberno galego por facer historia ao conseguir chegar á última fase da copa europea feminina da FIBA. Ademais, agradeceu ás deportistas o seu esforzo para romper barreiras e alcanzar novas metas dentro do baloncesto profesional e destacou que son as mellores embaixadoras dos valores deportivos e da igualdade entre mulleres e homes.
O club de baloncesto feminino Baxi Ferrol, fundado en 1997, leva nove anos participando na Liga Feminina Endesa e nesta temporada 2024-2025 realizou o seu debut na EuroCup Women, conseguindo acadar a final. O partido de volta da final celebrarase o vindeiro 2 de abril en Francia.