Villares enxalza o Galicia Fórum Gastronómico como escaparate de excepción dos produtos pesqueiros e da riqueza e sabor da despensa atlántica
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O titular de Mar louvou a traxectoria da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, premiada na categoría produtor de Mar, pola contribución destas profesionais ao fornecemento da actividade pesqueira da comunidade
- O evento pecha a súa décima edición na que o peixe e marisco galegos tiveron un papel destacado cun espazo propio baixo a campaña GALICIA SABE AMAR no que participaron 10 coexpositores e que contou cunha aula de degustacións
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 25 de marzo de 2025
A X edición do X Galicia Fórum Gastronómico pechou a súa derradeira xornada acollendo a entrega dos premios Picadillo que recoñecen a traxectoria profesional de cociñeiros, enólogos, responsables de sala, produtores e divulgadores da cultura culinaria galega. No acto estivo o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, onde enxalzou esta cita gastronómica como escaparate de excepción dos produtos pesqueiros así como da riqueza e sabor que hai detrás da despensa atlántica.
O titular de Mar louvou alí a traxectoria da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, premiada na categoría produtor do Mar, pola contribución destas profesionais ao fornecemento da actividade pesqueira na comunidade. Nesta liña, salientou que se trata dun traballo estreitamente ligado ás comunidades costeiras e vencellado a súa tradición mariñeira de tal xeito que a día de hoxe é un elemento diferencial da identificación cultural de Galicia.
Unha cita na que, da man da Xunta e baixo a campaña GALICIA SABE AMAR, os produtos do mar xogaron un papel destacado cun espazo propio no que participaron dez empresas e contou cun aula de degustacións na que se levaron a cabo 8 actividades cos mellores produtos a través de mans expertas. Así, estiveron presentes entidades como Anfaco-Cecopesca, a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, o selo autonómico PescadeRías, ou as organizacións de produtores pesqueiros de Burela, Ribeira e A Coruña.
Alfonso Villares puxo en valor este foro no que nos últimos días foron promocionados produtos do mar e da terra, mariñados cos viños das denominacións de orixe, co fío condutor dun Océano de cociñas. Recordou tamén a importancia de promover hábitos de alimentación saudable na cidadanía subliñando o papel do peixe e marisco que grazas a súa riqueza nutritiva aporta importantes beneficios entre os que están a prevención das doenzas cardiovasculares ou o fornecemento do sistema inmunolóxico entre outros.
Un mar de estrelas
A cidade da Coruña acolleu por cuarto ano consecutivo o maior encontro do sector culinario do norte de España na que os organizadores agardan superar a barreira dos 20.000 asistentes da entrega anterior, e que contou coa participación de nada menos que 30 gañadores de estrelas Michelin. Un evento que amosar os numerosos motivos polos que a cociña galega e unha das gastronomías nacionais que máis recoñecementos reciben a nivel global. O noso territorio exhibe 17 estrelas Michelin (tres deles con dúas estrelas) e 36 selos de calidade diferenciadas, sendo a 3ª Comunidade que máis ostenta.