Lorenzana pide o apoio da cámara para cambiar a Lei de Industria, que "ignora" a Galicia na planificación enerxética e pon en risco proxectos estratéxicos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Sinala que o texto non garante que os proxectos industriais teñan a interconexión eléctrica necesaria e considéraa "outro intento de recentralización sen recoñecer as competencias autonómicas"
  • Precisa que a Xunta leva aprobado un proxecto industrial estratéxico, Triskelion, de Forestal del Atlántico, en Mugardos (A Coruña), para a produción de metanol verde. E foron declarados como tal outros 13, en diferentes fases de tramitación, que supoñen un investimento de 2.201,01 millóns de euros e 4.325 postos de traballo (directos e indirectos)
  • Subliña que, agora mesmo, os proxectos previstos na zona das Pontes e Ferrol están esperando pola construción de dúas subestacións e, para os de Curtis ou A Coruña, non hai previsión ningunha na planificación actual da rede de transporte

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, solicitou hoxe o apoio de todos os grupos da Cámara galega para presentar emendas ao Proxecto de Lei de industria e autonomía estratéxica aprobado polo Goberno central ao considerar que non soluciona a falta de planificación enerxética e deixa de lado ás comunidades autónomas.

Lorenzana compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento para dar conta do estado de tramitación dos proxectos industriais declarados estratéxicos, que se poden ver afectados, dixo, precisamente porque esta lei non contempla que as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica actuais son insuficientes para evacuar a electricidade que se está a incluír nos obxectivos de cara a 2030 e, polo tanto, para permitir a implantación de novas industrias, non só en Galicia, senón en toda España.

Tal e como xa se pronunciou a Xunta na fase de alegacións, lembrou, o texto non garante que os proxectos industriais teñan a interconexión eléctrica necesaria. "Precisamos dun proceso áxil e non depender de remendos nunha modificación da planificación actual", remarcou ao respecto. Tampouco asegura o apoio á industria electrointensiva, proseguiu; promove a continuidade dos Perte, "cando son un modelo de mala xestión"; e "rebaixa á mínima expresión a participación das comunidades autónomas", argumentou.

"A Lei de industria é outro intento de recentralización sen recoñecer as competencias autonómicas", subliñou Lorenzana, para apuntar que "Galicia non aceptará ser ignorada na planificación industrial, nin a súa ausencia nos distintos órganos decisorios, nin a súa nula participación decisiva nas declaracións de proxectos industriais estratéxicos que se queren facer desde Madrid".

Proxectos industriais estratéxicos

Lorenzana precisou que, neste momento, a Xunta leva aprobado un proxecto industrial estratéxico, Triskelion, de Forestal del Atlántico, en Mugardos (A Coruña), para a produción de metanol verde. E foron declarados como tal outros 13, en diferentes fases de tramitación, que supoñen un investimento de 2.201,01 millóns de euros e 4.325 postos de traballo (directos e indirectos).

No grupo dos clasificados como proxectos verdes figuran: H2Pole, nas Pontes, promovido por Reganosa e EDP Renovables para a produción de hidróxeno verde; a planta de biofibra reciclada branqueada de Ence nese mesmo concello; H2Meirama, en Cerceda, de xeración de hidróxeno renovable, liderado por Naturgy con Repsol e Reganosa; a factoría de biometano de Norbiogas en Curtis; o proxecto Arteixo H2V, de Accionaplug, para a produción de hidróxeno verde en Arteixo; e a planta de conversión de madeira en carbón vexetal de Xeal en Dumbría.

No bloque dos cualificados como proxectos sustentables están: a fábrica de pneumáticos de Sentury nas Pontes; a fábrica de fibras téxtiles que se vai implantar no concello lugués de Palas de Rei (proxecto Gama); o que promove Stolt Sea Farm, para unha nova planta de manipulación e envasado de peixe en Rianxo; o proxecto de extracción de cobre, rehabilitación de pasivos ambientais e xeración de sinerxías económicas de Cobre San Rafael nos concellos do Pino e Touro; a nova terminal de almacenamento de betume, no Porto de Vilagarcía de Arousa, de Betunes Gallegos; e a nova planta produtiva de Congalsa na Pobra do Caramiñal.

Por último, dentro dos proxectos dixitais, inclúese o centro de procesamento de datos de Galicia Green Data Center en Curtis.

Proxectos que "penden dun fío" pola falta de redes de transporte eléctrico

Lorenzana subliñou que, agora mesmo, os proxectos previstos na zona das Pontes e Ferrol están esperando pola construción de dúas subestacións que se introduciron nas modificacións da planificación 2021-2026 despois de reclamalo a Xunta, e que se estima que estean operativas en 2028. E no que respecta á evacuación de enerxía, sinalou que o Goberno vai permitir a evacuación en Meirama e As Pontes de 550 MW menos dos que correspondían cando estaban as centrais térmicas funcionando.

"Estamos a falar de escenarios temporais que non podemos permitir, pero ademais, non sabemos se todos os proxectos das Pontes ou de Meirama terán a conexión garantida, por non falar dos de Curtis ou os da Coruña, onde non hai previsión ningunha actualmente na planificación da rede de transporte", manifestou.

Lorenzana explicou que o que lles falta a estes proxectos para ser unha realidade, ademais dunha tramitación áxil e rigorosa do solo industrial, tamén é financiamento con cargo aos fondos europeos. E, nese sentido, indicou que dos 41.182 millóns de euros asignados a todos os Perte, publicáronse actuacións por valor de 24.801 (un 60,22 por cento sobre o total orzamentado) e só se resolveu o 41 por cento (16.891 millóns). No relativo aos pertes industriais, "o Estado decidiu unilateralmente quedarse con máis de 33.500 millóns de euros sen contar coas comunidades autónomas", dixo, para remarcar: "Segue habendo unha falta de encaixe dos proxectos industriais estratéxicos galegos. É unha realidade. Só dous foron seleccionados para obter estes apoios e, isto, despois de máis de dous anos desde que se presentara o primeiro Perte", concluíu.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/03/2025
963397 {"title":"Lorenzana pide o apoio da cámara para cambiar a Lei de Industria, que \"ignora\" a Galicia na planificación enerxética e pon en risco proxectos estratéxicos","published_date":"2025-03-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/168750-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"963397"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-25/963397-lorenzana-pide-apoio-da-camara-cambiar-lei-industria-ignora-galicia-na-planificacion-enerxetica-e-pon-risco-proxectos-estratexicos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.