A Xunta modificará a Lei do deporte de Galicia para poder exercer a acción popular en procesos penais por violencia no deporte

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Diego Calvo anunciou que en maio se creará a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Raia Seca
  • A Xunta habilitará en modo de proba a aplicación MoBT en dúas concesións de transporte autonómico que permitirá aplicar os descontos directamente con QR
  • O Goberno galego traballa no anteproxecto da Lei de Administración Local de Galicia que avanza na súa tramitación para poder remitilo ao Parlamento este ano
  • Nos próximos meses elaborarase o Plan especial ante risco radiolóxico en Galicia e o Plan especial ante os riscos derivados dos fenómenos meteorolóxicos
Imagen del artículo A Xunta modificará a Lei do deporte de Galicia para poder exercer a acción popular en procesos penais por violencia no deporte
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou hoxe nunha comparecencia no Parlamento galego que, como medida disuasoria, a Xunta proporá a modificación da Lei 3/2012 do deporte de Galicia para que o Goberno galego poida exercer a acción popular nos procedementos penais por violencia no deporte, nas condicións fixadas na lexislación procesual. Supón "un paso máis" -engadiu- na loita contra esta lacra con medidas xa vixentes como o pioneiro Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte en Galicia e desde a Comisión Galega de Control da Violencia. Nesta liña, destacou a importancia de inculcar os valores do deporte nas xeracións máis novas e denunciou os incidentes relacionados coa violencia no deporte para os que reclamou "tolerancia cero".

No ámbito deportivo, a Xunta continuará mantendo o apoio ao deporte desde a base con iniciativas como o programa Xogade ata o alto nivel. Canto ás infraestruturas deportivas, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de interese autonómico do proxecto do Centro de Alto Rendemento de Galicia coa previsión de licitar a finais de 2026 os proxectos das obras das instalacións. Será o terceiro centro destas características en España e permitirá consolidar a comunidade como referente deportivo nacional e internacional cun investimento de máis de 30M€. 

No eido exterior, o conselleiro explicou que a Xunta seguirá defendendo na Unión Europea os intereses dos galegos e amplificando todo o posible a voz de Galicia en Europa. Así, continuarase a fortalecer a conexión co país veciño desde a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e o próximo mes de maio marcarase un novo fito coa constitución dunha nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial. Será a agrupación da Raia Seca, que abrangue case 3.200 quilómetros de superficie, 18 concellos de ambas marxes da fronteira e 72.000 habitantes. Súmase ás agrupacións da Eurocidade de Chaves-Verín e á da Raia Húmida do río Miño e supón a cobertura total da fronteira entre Galicia e o Norte de Portugal con organizacións estables de cooperación que traballarán para desenvolver proxectos conxuntos e optar a fondos europeos. 

Por outra parte, co obxectivo de dotar á cidadanía do mellor transporte público, a Xunta habilitará en modo de proba a nova aplicación móbil MoBT. As persoas usuarias poderán empregala para pagar os seus desprazamentos a través da identificación dun código QR en dúas concesións de transporte autonómico, isto é, en todas as liñas que discorren polo leste da comarca de Santiago e o norte da comarca do Deza, que conecta Santiago de Compostela con Touro e Arzúa, e na Liña Conecta que une A Coruña e Lugo. 

Coa nova APP MoBT aplicaranse automaticamente os descontos aos que teñan dereito as persoas usuarias e, ademais, poderanse planificar viaxes, realizar reservas en servizos baixo demanda, consultar o histórico de viaxes e xestionar o  moedeiro virtual. Diego Calvo tamén sinalou que o servizo QR Xente Nova, que permite levar a Tarxeta Xente Nova destinada a menores de 21 anos no móbil, está en fase piloto en liñas de Ferrol, Ourense e a área metropolitana da Coruña e estenderase este ano ás 127 concesións de autobús interurbano da Xunta. 

En materia de mobilidade, o conselleiro de Presidencia avanzou que tras a posta en marcha o pasado xaneiro da primeira Liña Conecta entre A Coruña e Lugo, porase en funcionamento a segunda liña dos servizos directos entre cidades galegas e coa previsión de que comece a operar antes de finais deste ano. 

Na comparecencia tamén reclamou para Galicia un transporte ferroviario á altura do que demanda á cidadanía pero lamentou a falta de avances do Executivo estatal en infraestruturas estratéxicas como o AVE Vigo-Porto ou o Corredor Atlántico. Tampouco hai avances -engadiu-, na chegada da alta velocidade a Ferrol ou Lugo, na conexión co porto vigués de Bouzas, na modernización do Tren Celta, na variante de Cerdedo nin da variante de Betanzos ou na exterior de Ourense. Do mesmo xeito, explicou que a Xunta leva agardando oito meses polo interlocutor con Renfe comprometido polo Goberno central para abordar a situación destas obras ou as incidencias nos servizos ferroviarios. Así, engadiu que cos trens Avril incumpríronse as frecuencias comprometidas e tampouco se recuperaron as frecuencias dos servizos de media distancia previos á pandemia.  

Na súa intervención, Diego Calvo puxo en valor o compromiso do Goberno galego coas entidades locais cun investimento récord de 627M€, dos que 168,1M€ -10M€ máis que o ano pasado- corresponden ao Fondo de Cooperación Local, co que Galicia foi pioneira en fixar a participación das entidades locais nos orzamentos da Xunta. Deste xeito, o Goberno galego compensa os desfases a nivel estatal, motivo polo que o conselleiro instou ao Goberno central a modificar o sistema de financiamento local de maneira paralela á negociación do financiamento autonómico. Cómpre lembrar que só coas axudas da Dirección Xeral de Administración Local mobilizáronse o ano pasado 32M€ en 700 proxectos. Isto é, dos 313 concellos, o 97% pediron axudas e dos 303, obtiveron apoios un total de 289, o que supón o 92%. 

No eido local, a Xunta traballa no anteproxecto da Lei de Administración Local de Galicia que avanza na súa tramitación para poder remitilo ao Parlamento de Galicia este ano. A futura norma adaptarase á realidade actual modernizando o marco xurídico das entidades locais para potenciar a súa autonomía. Entre as súas novidades inclúese a figura das áreas funcionais de carácter temporal como fórmula de cooperación durante un máximo de cinco anos cando se debería constituír como entidade local de carácter supramunicipal. 

No marco da colaboración coas entidades locais e, pese a ser unha competencia municipal, a Xunta colabora co funcionamento e equipamento dos servizos de emerxencias, tanto nos consorcios provinciais contraincendios e dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) -dos que o Goberno galego asume o 50% do seu funcionamento- como nas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Ademais, estes efectivos reciben a formación necesaria desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). 

No ámbito das emerxencias, o conselleiro de Presidencia, destacou a relevancia de "apostar pola prevención para estar o mellor preparados para afrontar calquera incidencia activando os protocolos cos que minimizar as consecuencias destas situacións". Así, a Administración autonómica continuará a actualizar os plans de emerxencias, avaliará con simulacros os vixentes e nos próximos meses elaboraranse novos como o Plan especial ante risco radiolóxico en Galicia (Perrgal) e outro ante os riscos derivados dos fenómenos meteorolóxicos (Meteogal). 

En materia de seguridade, reclamou ao Ministerio do Interior a cobertura das 157 prazas vacantes na Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA), que actualmente conta con 343 axentes fronte aos 500 que lle corresponden na comunidade, e advertiu de que este déficit redunda en detrimento do cumprimento das competencias asumidas. Na intervención, comparou esta situación coa de Cataluña, xa que mentres Galicia ten este déficit a Cataluña o Goberno central concedéulle un incremento de 4.000 axentes para que en 2030 dispoña dun total de 26.800.

Por outra parte, no que se refire á Administración de Xustiza xa se traballa na implantación da lei estatal de medidas en materia de eficiencia do servizo público de Xustiza, que o conselleiro sinalou como un "reto" polo cambio que supón a creación das oficinas de xustiza nos municipios e lamentou que estas modificacións estruturais non veñan acompañados desde o Executivo estatal con recursos para a súa aplicación. 

O conselleiro tamén lembrou que este ano o Ministerio de Xustiza non comunicou a creación de novas unidades xudiciais na comunidade. De feito, na petición que se trasladou o pasado maio na Comisión Mixta de Xustiza entre a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insistíase na necesidade de, entre outras unidades,  poñer en marcha dun xulgado de Violencia sobre a Muller no partido xudicial de Santiago de Compostela.

Neste ámbito, a Xunta continuará a promover actuacións transversais con outros departamentos con iniciativas innovadoras, como o plan de prevención e postvención das condutas suicidas do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en colaboración co Servizo Galego de Saúde (Sergas). Trátase dun proxecto pioneiro co obxectivo de establecer perfiles epidemiolóxicos e ofrecer a posibilidade de realizar a autopsia psicolóxica ás familias das persoas falecidas ou identificar factores de risco, que permitan aos servicios asistenciais fixar un plan estratéxico de prevención da saúde mental. 

Canto á asistencia ás vítimas ofrecese unha atención integral, coordinada e especializada desde as  Oficinas de asistencia ás vítimas do delito e a Xunta vai dar un paso máis coa activación dunha oficina virtual que ofrecerá asistencia urxente cando se precise o servizo e non sexa posible desprazarse ás oficinas físicas. 

Por último, seguiranse reclamando ao Goberno central, "de xeito paulatino e sosegado", a transferencia de novas competencias para Galicia. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/03/2025
963176 {"title":"A Xunta modificará a Lei do deporte de Galicia para poder exercer a acción popular en procesos penais por violencia no deporte","published_date":"2025-03-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/168095-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"963176"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-25/963176-xunta-modificara-lei-do-deporte-galicia-poder-exercer-accion-popular-procesos-penais-violencia-deporte https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.