Rueda destaca que a Xunta destinará máis de 5,4 M€ á construción dun novo centro de saúde no barrio ferrolán de San Xoán
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Salienta que dará servizo "a máis de 10.000 veciños" dos barrios de San Xoán, Catabois e Santa Cecilia
- O Executivo galego reforzará a atención primaria da cidade departamental cun novo centro sanitario de 2.400 m2
- Contará cun cadro de persoal composto por 8 médicos, 8 enfermeiras, 1 auxiliar de enfermaría, fisioterapeutas, traballador social,matrona e persoal de servizos xerais
- A nova infraestrutura sanitaria reservará espazos para albergar actividades vinculadas aos servizos sociais
- A previsión é licitar o proxecto de obra no primeiro semestre de 2026

Ferrol, 24 de marzo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou esta mañá que o Goberno autonómico vai construír un novo centro de saúde no barrio ferrolán de San Xoán co que "dar servizo a máis de 10.000 veciños" e que terá un investimento de máis de "5,4 millóns de euros".
Así, tal e como explicou Rueda, unha vez que o Concello de Ferrol "ceda a parcela" ao Servizo Galego de Saúde, e se realicen os trámites necesarios, a Consellería de Sanidade procederá á licitación do proxecto desta nova infraestrutura sanitaria que optimizará a atención primaria na cidade departamental.
Segundo o seu plan funcional, o novo centro de saúde prestará asistencia sanitaria a máis de 10.200 usuarios que actualmente reciben a atención médica no principal centro de saúde da cidade, o Fontenla Maristany. Ademais, o presidente explicou que prestará asistencia á poboación adulta (maiores de 14 anos) "dos barrios de San Xoán, Catabois e Santa Cecilia". A atención pediátrica manterase no Fontenla Maristany.
No que atinxe á planificación dos espazos prevese que o novo centro de saúde conte con 2.400 m2 de superficie construída que se distribuirá en 6 consultas de medicina, 6 consultas de enfermaría, 2 consultas de fisioterapia, 1 consulta de matrona e 1 de traballador social, 3 salas de docencia, 1 sala polivalente e 2 salas de técnicas.
Ademais, a nova infraestrutura sanitaria reservará espazos para albergar actividades vinculadas aos servizos sociais.
En canto aos recursos humanos, o centro de saúde de San Xoán dotarase cun cadro de persoal composto por 8 médicos, 8 enfermeiras, 1 auxiliar de enfermaría, traballador social, fisioterapeutas, matrona e persoal de servizos xerais.
A previsión é que a licitación do proxecto e dirección de obra do novo centro de Saúde de San Xoán se realice no primeiro semestre de 2026.