A Xunta planifica un investimento de 15 M€ para que a UDC constrúa o novo Edificio de Investigación e Innovación na Industria EI3 no campus de Ferrol

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda asegura que esta medida busca consolidar este campus como un "referente" en eidos coma "o naval, os materiais, a robótica ou as enerxías verdes"
  • O conselleiro de Educación enmarca este edificio na aposta do Goberno galego pola "educación e o I+D+i" como "garantía de oportunidades para a mocidade"
  • Fíxase unha senda plurianual de financiamento para o período 26-28 a través do Plan de infraestruturas universitarias do Goberno galego e de fondos europeos 
  • Atenderá tanto necesidades formativas de alta cualificación dos universitarios como dos profesionais da industria da comarca ao longo da súa vida
  • O persoal investigador e as empresas da contorna disporán no EI3 de equipamento baseado nos últimos desenvolvementos tecnolóxicos e técnicos
  • Goberno galego e UDC traballan tamén nun Plan integral de rehabilitación, mellora enerxética e humanización para edificios da Universidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ferrol, 24 de marzo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico vai destinar "15 millóns de euros á posta en marcha" do novo Edificio de investigación e innovación na industria (EI3) que a Universidade da Coruña prevé construír no Campus Industrial de Ferrol. Unha medida coa que se busca "aproveitar todo o potencial" que ten este campus "que foi o primeiro en acadar o selo de especialización".

O obxectivo, tal e como explicou Rueda, é consolidar este campus "coma un polo de innovación referente da industria" en áreas como "o naval, os materiais, a robótica ou as enerxías verdes". Unha medida que, tal e como engadiu o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, se enmarca "na aposta da Xunta pola educación e o I+D+i co fin de garantir oportunidades á mocidade" na comarca de Ferrolterra. "É un proxecto estratéxico para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico e industrial de Ferrol", indicou.

O EI3 será unha infraestrutura singular no ámbito da enxeñería naval e industrial, aliñada polo tanto coas prioridades da zona, e contará co equipamento e co capital humano preciso para ser un polo de innovación da industria 4.0. O obxectivo é liderar iniciativas tractoras en áreas en que na actualidade está xa especializado o Campus Industrial de Ferrol como a robótica, materiais, enxeñaría naval e offshore, xestión de procesos industriais, xemelgo dixital, hidróxeno verde aplicado ao sector marítimo, etc... 

Para garantir o desenvolvemento económico do proxecto, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP consignará para o EI3 un investimento de 5,6 M€ a través de dúas anualidades do Plan de infraestruturas universitarias, tal e como estaba previsto no acordo asinado no 2023, logo de que as dúas primeiras anualidades fosen autorizadas para poder destinalas a tarefas de mantemento en diferentes edificacións da UDC. A contía restante ata completar os 15 M€ necesarios canalizarase a través de fondos europeos. 

Integración na arquitectura urbana

Rodríguez explicou que o novo edificio "suporá unha ampliación do campus e da súa capacidade investigadora e innovadora". Estará situado na avenida de Esteiro, diante das facultades de Ciencias do Traballo e de Enfermaría e Podoloxía. Isto posibilitará que, desde o punto de vista arquitectónico, funcione como porta de acceso á propia Universidade, xerando unha maior relación entre o espazo residencial de cidade e o docente-investigador. Para iso, contará cun volume e altura concordantes coas edificacións da zona, pero cun carácter máis permeable. En concreto, disporá de seis andares de laboratorios, despachos de traballo colaborativo, salas comúns e outras instalacións; un andar baixo na entrada para recepción e outras dependencias, e dous sotos para aparcadoiros e almacéns. 

Grazas ao EI3, o persoal investigador terá ao seu alcance nun mesmo espazo multidisciplinar todas as ferramentas necesarias, cos últimos desenvolvementos tecnolóxicos e técnicos desde o punto de vista da innovación. Isto dará resposta a Navantia, como referente empresarial, máis tamén ao resto da industria asociada a través da investigación aplicada e da transferencia de coñecemento a proxectos reais. 

O conselleiro salientou que este centro ademais "atenderá as necesidades dos alumnos do campus e ofrecerá formación a profesionais da comarca". Deste xeito, as empresas da contorna disporán de persoal altamente cualificado para un mercado cada vez máis competitivo e globalizado. Dado que o EI3 atenderá tanto a usuarios recorrentes como puntuais, contará con espazos de coworking e salas de traballo colaborativo que permitan a interacción adaptable a cada caso. 

Sede do Centro Mixto con Navantia

O novo EI3 tamén albergará o Centro Mixto de Investigación da UDC e Navantia, un consorcio que arrincou en 2015 e permitiu optimizar a transformación dixital dos procesos do estaleiro. A Xunta -a través da Axencia Galega Innovación- leva investidos case 3 M€ nesta iniciativa, cunha mobilización de 8,6 M€. Entre os seus resultados, cabe destacar a incorporación das melloras acadadas á nova xeración de fragatas F-110.

Precisamente, o Campus Industrial de Ferrol é o único campus de España que conta, grazas a un acordo co Centro de Excelencia do Sector Naval (Cesena) e Navantia, co software de Siemens, o que permite formar o persoal investigador e o alumnado no programa do xemelgo dixital con que o estaleiro constrúe as F-110 da Armada. 

Aposta pola formación e a I+D+i

Esta aposta de futuro supón redobrar o esforzo investidor da Xunta na UDC en Ferrol, que foi o primeiro campus en lograr o selo de especialización como Campus Industrial. A esta tarefa a Consellería de Educación ten dirixido desde 2015 máis de 14 M€. 

A Xunta incrementa así a súa aposta no eido formativo e investigador en Ferrolterra, onde máis de 7.500 mozos e mozas cursan estudos universitarios ou de FP. En concreto, o Campus Industrial de Ferrol suma 2.700 alumnos de grao, máster e doutoramento na cidade. Pola súa banda, o conxunto da comarca suma 4.866 matriculados en FP, un 8 % máis que no curso anterior, boa parte deles nos catro centros integrados. 

Colaboración permanente Xunta-UDC

O impulso do EI3 é unha das principais liñas de traballo en marcha entre a Xunta e a UDC, que tamén inclúe dúas accións prioritarias. Por unha banda, a elaboración dun plan de equilibrio financeiro que contribúa a corrixir a situación da institución, herdada e posta de manifesto polo actual equipo reitoral na liquidación do orzamento de 2023.

Por outra parte, Goberno autonómico e Universidade traballan tamén nun Plan integral de rehabilitación, mellora enerxética e humanización que posibilite realizar unha serie de intervencións en edificios da UDC orientadas a facer fronte aos problemas de mantemento dos últimos anos. Tamén neste punto a Xunta de Galicia está comprometida coa Universidade para deseñar a vía económica precisa para executalo. 

 

 


 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/03/2025
961430 {"title":"A Xunta planifica un investimento de 15 M€ para que a UDC constrúa o novo Edificio de Investigación e Innovación na Industria EI3 no campus de Ferrol","published_date":"2025-03-24","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/168538-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"961430"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-24/961430-xunta-planifica-investimento-15-m-udc-construa-novo-edificio-investigacion-e-innovacion-na-industria-ei3-campus-ferrol https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.