A Xunta promove a internacionalización das Letras Galegas con axudas para participar en residencias literarias no exterior
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As persoas interesadas optan a un apoio de 5.000 euros que poden solicitar ata o vindeiro 30 de maio
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2025
A Xunta de Galicia ten aberto o prazo de solicitudes para os interesados en participar en residencias literarias fóra de Galicia. Trátase dunha convocatoria publicada xa no Diario Oficial de Galicia dirixida a profesionais da creación literaria co obxectivo de fomentar a difusión das letras galegas e impulsar as relacións con outros centros culturais de referencia.
Estas axudas, cun investimento total de 20.000 euros, están destinadas a colaborar coas persoas creadoras para que poidan realizar a tradución das súas obras nunha estadía que favorece o proceso de investigación previo á creación da obra e que proporcione un espazo e ambiente de traballo que lles permite continuar co desenvolvemento dun proxecto xa iniciado.
O importe máximo co que se subvencionará cada persoa será de 5.000 euros, que se destinarán a gastos de viaxe, de transportes internos, de aloxamento e manutención, de subscrición dunha póliza de seguro de viaxe e outra médica. Os interesados poderán solicitar as axudas ata o día 30 de maio.
Esta é a terceira convocatoria deste proxecto, co que se busca difundir e potenciar o desenvolvemento do sector cultural visibilizando a riqueza e calidade dos profesionais da creación literaria. O pasado ano contaron con estas axudas as autoras Blanca Trigo, Luisa Martínez, Nerea Pallares e María Obdulia Luís, que estiveron en residencias en Estocolmo, Cabo Verde, Lisboa e Francia, respectivamente.