A campaña GALICIA SABE AMAR presente na VI Edición da Xove Costa Trail co mellor sabor do mar de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Xove (Lugo), 22 de marzo de 2025
A campaña GALICIA SABE AMAR foi unha das protagonistas da nova edición da Xove Costa Trail da man dunha foodtruck na que participantes, familiares e curiosos puideron gozar do mellor sabor do mar de Galicia. Alí estivo tamén o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que subliñou a importancia de promocionar hábitos saudables entre a cidadanía como é o deporte e o consumo de peixe, marisco e conservas no marco dunha dieta equilibrada. Nesta liña, recordou que estes alimentos presentan importantes beneficios como a aportación dunha proteína de calidade a prevención de doenzas cardiovasculares, fortalece o sistema inmunolóxico e mellora o funcionamento do sistema nervioso, entre outros.
O titular de Mar compartiu cos asistentes os distintos petiscos que ofrece de balde esta iniciativa nesta nova edición, lanzada no pasado mes de agosto e impulsada pola Xunta de Galicia, que xa percorreu todos os concellos de Galicia. Unha acción que reforza o apoio do Goberno galego á promoción dos produtos pesqueiros galegos nun contexto de descenso do consumo destes produtos cun dobre obxectivo, por un lado impulsar a súa presenza nas dieta da cidadanía, especialmente entre a xente máis nova, e por outro reforzar a cadea mar-industria como actividade estratéxica que representa o 5% do PIB e na que traballan ao redor de 50.000 persoas na comunidade.