Lorenzana celebra a sentenza do Tribunal Supremo e di que canto máis enerxía eólica se desenvolva máis posibilidades haberá de abaratar a factura eléctrica
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O fallo do Supremo "confirma a adecuada tramitación das autorizacións dos parques eólicos por parte da Xunta de Galicia", di, e "supón unha boa noticia para parques coma este, que teñen perspectivas de crecemento suspendidas e xudicializadas"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Caldas de Reis (Pontevedra), 22 de marzo de 2025.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, celebrou hoxe a sentenza do Tribunal Supremo que avala a tramitación das autorizacións dos parques eólicos por parte da Xunta e asegura que canto máis enerxía renovable se desenvolva, máis posibilidades haberá de abaratar a factura eléctrica.
Lorenzana visitou hoxe o parque eólico Xiabre, cun proxecto de ampliación paralizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e pendente, polo tanto, de resolución xudicial. Dentro dos 99 parques sobre os que neste momento hai presentado un recurso en Galicia, é un dos 77 que están paralizados. Polo tanto, segundo a conselleira, esta sentenza é unha "moi boa noticia".
Unha sentenza que, segundo dixo, "confirma a adecuada tramitación das autorizacións dos parques eólicos por parte da Xunta de Galicia, a adecuada tramitación de impacto ambiental dese parque e que supón unha boa noticia para parques coma este, no que estamos hoxe, que teñen perspectivas de crecemento suspendidas e xudicializadas", abondou.
A conselleira lembrou que a Xunta está traballando en proxectos que van destinados ao abaratamento da factura eléctrica tanto para as empresas e a industria como para os fogares galegos. E, ao respecto, indicou que é preciso que existan fontes renovables e, en Galicia en concreto, tendo en conta o bo recurso eólico, é clave que se vaian pouco a pouco desatascando eses parques eólicos que agora mesmo están suspendidos no TSXG", concluíu.
O parque eólico de Xiabre, situado entre os concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira e Caldas de Reis, está en funcionamento desde o ano 2006 e conta con 16 aeroxeradores.