López Campos comproba o resultado da restauración do retablo da capela de San Lois de Orazo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A intervención baseouse en recuperar a policromía orixinal, ou moi próxima á época de construción da peza, que quedara oculta tras varios repintados
- O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, destaca "o compromiso coa rehabilitación do patrimonio tanto en grandes templos como en pequenas igrexas"
- Salienta, ademais, a importancia deste tipo de actuacións para "recobrar o valor histórico e artístico dos elementos relixiosos"

A Estrada (Pontevedra), 22 de marzo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, comprobou hoxe nunha visita á capela de San Lois de Orazo, na parroquia estradense de San Pedro, o resultado dos traballos levados a cabo para a restauración do seu retablo seguindo na liña, dixo, "do noso compromiso coa rehabilitación, mantemento e conservación dos bens patrimoniais que atesouramos en toda Galicia, ben se atopen en grandes templos ou pequenas igrexas".
Así, o representante da Xunta explicou que a actuación, na que se investiron máis de 15.000€, enfocouse en "recuperar a autenticidade da peza para achegarnos á súa versión orixinal, como así o vimos facendo noutras moitas intervencións ao longo do territorio". Neste senso, lembrou que "estamos na procura de recuperar elementos do noso patrimonio relixioso para contar a nosa historia ás xeracións futuras, preservándoo nas mellores condicións".
Tal e como sinalou López Campos, trátase dun retablo de estilo neoclásico realizado en madeira de castiñeiro con policromías oleosas e douradas. Así, esteticamente a peza presentaba varias capas de repintados e purpurinas que alteraron de maneira significativa o seu aspecto, ocultando a policromía orixinal, ou moi próxima á época de construción do retablo, que agora se recupera "recobrando deste xeito o seu valor histórico e artístico".
Os traballos de rehabilitación consistiron na limpeza, tratamento e protección de elementos metálicos, así como na revisión das consolidacións efectuadas no soporte e tratamento mediante unha resina acrílica. Tamén se reintegraron volumes, gretas e fisuras e se levou a cabo a eliminación dos repintados e unha limpeza co fin de recuperar a súa lectura cromática. Finalmente, para a súa protección, realizouse un vernizado de con resinas naturais.