A Xunta licita por máis de 90.000 euros a adquisición dun sistema de monitorización de hemodinámica compatible con resonancia magnética para o servizo de radioloxía do Hospital Universitario de Ourense
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As empresas interesadas terán ata o día 7 de abril para presentar as súas ofertas
- Entre outros parámetros, o equipo permitirá a monitorización da presión arterial non invasiva, respiración, gases anestésicos e CO₂
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2025
A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, publica no Portal de Contratos Públicos a licitación, por importe de 90.750 euros, para a adquisición dun sistema de monitorización de hemodinámica compatible con resonancia magnética con destino ao Servizo de Radioloxía do Hospital Universitario de Ourense.
Esta aparataxe permite detectar e determinar a orixe da inestabilidade hemodinámica, guiar a elección do tratamento máis adecuado e avaliar con posterioridade a súa efectividade.
O sistema de monitorización hemodinámica estará composto por un monitor multiparamétrico emprazado no interior da sala de resonancia magnética e un repetidor exterior ubicado na sala de control. O equipo debe permitir a monitorización de pacientes adultos, pediátricos e neonatais.
Entre outros parámetros, o equipo permitirá a monitorización da presión arterial non invasiva, respiración, gases anestésicos e CO₂.
A compra deste monitor multiparamétrico con parámetros hemodinámicos compatible coa resonancia magnética permitirá aplicar os beneficios deste sistema de diagnóstico, mellorando notablemente a asistencia e o equipamento da sala de resonancia magnética.
O contrato licitado hoxe inclúe o subministro, instalación e posta en funcionamento efectivo do equipo.
As empresas interesadas terán ata o día 7 de abril para presentar as súas ofertas.