A Xunta destina máis de 18.000 euros á Asociación Renacer de Ribeira para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • As iniciativas no ámbito da incorporación social desenvolveranse a través do Programa de Atención Xurídico Social
  • Ao abeiro deste Programa, no pasado ano foron atendidas 241 persoas por parte desta asociación e preto de 2.000 en toda Galicia
  • No conxunto da comunidade autónoma, a Xunta destinará 447.000 euros ao Programa de Atención Xurídico Social

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a vicepresidenta da Asociación Renacer de Ribeira, María José Garabán, veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos, que a Xunta financiará cunha achega de 18.870 euros.

Ao abeiro deste convenio, o pasado ano foron atendidos por esta asociación un total de 241 usuarios, dos que 210 eran homes e 31 mulleres.

As iniciativas no ámbito da incorporación social desenvolveranse a través do Programa de Atención Xurídico Social que deberá ser dirixido á atención integral das persoas con trastornos adictivos e problemática legal engadida, prestándolles axuda técnica en relación a trámites xurídicos.

A prestación dos mencionados servizos levarase a cabo por parte dos profesionais que integran os equipos nos diferentes dispositivos da asociación.

No presente ano a Xunta destinará 447.000 euros ao desenvolvemento no conxunto de Galicia do Programa de Atención Xurídico Social. En 2024 este programa posibilitou axudar a 1.995 persoas a través sete asociacións sen ánimo de lucro

Coordinación co Plan de Galicia sobre Drogas

Tal e como se recolle no convenio asinado, a asociación Renacer de Ribeira comprométese a cumprir as directrices e instrucións de coordinación e programación dispostas polo Servizo Galego de Saúde a través da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, coordinándose, ademais, con outros centros, servizos e programas recollidos dentro do Plan de Galicia sobre Drogas.

O perfil social destas persoas é variado, pero gran parte delas presentan dificultades adicionais para a súa incorporación social, ao estar incursas en procedementos xudiciais que poden comportar un ingreso en prisión e dificultar así os seus procesos de recuperación.

As complexas situacións e circunstancias derivadas das adiccións necesitan de instrumentos de asesoramento e orientación técnica e profesional por un equipo multidisciplinar e experto na materia, para prestar cobertura en todas as situacións persoais, sociais e xudiciais nas que se vexan involucrados, optimizando a canalización do usuario ao recurso da rede asistencial máis adecuado.

En consecuencia, a través deste convenio facilítase a atención integral ás persoas con condutas aditivas e problemas legais, proporcionado cobertura de apoio e documental ao ámbito xudicial (xulgados, comisarías, prisións...), tanto a usuarios como a xuíces, fiscais, avogados e á propia institución penitenciaria.

Así mesmo, o dito programa actúa como porta de entrada nos recursos clínico- asistenciais.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/03/2025
958361 {"title":"A Xunta destina máis de 18.000 euros á Asociación Renacer de Ribeira para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos","published_date":"2025-03-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/168106-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"958361"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-22/958361-xunta-destina-mais-18-000-euros-asociacion-renacer-ribeira-desenvolvemento-programas-incorporacion-social-pacientes-trastornos-adictivos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.