A Xunta acusa a Concello e Costas de "abandono de funcións" na vertedura por hidrocarburos na Ribeiriña polo que foron pechados varios bancos marisqueiros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Goberno galego insta aos responsables municipais, como administración competente, e á Demarcación de Costas a actuar con dilixencia para eliminar este foco de contaminación detectado na Pobra do Caramiñal
- A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro informou ao pósito sobre a suspensión da actividade extractiva pola elevada presenza de hidrocarburos na zona afectada ata que melloren os resultados das análises
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 21 de marzo de 2025
A Xunta acusa ao Concello de Pobra do Caramiñal e a Costas do Estado de "abandono de funcións" na vertedura por hidrocarburos na Ribeiriña pola que foron pechados varios bancos marisqueiros. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un encontro de traballo con representantes do pósito no que tamén se abordou a situación dos bancos marisqueiros afectados por este episodio de contaminación.
A directora xeral criticou a xestión da Demarcación de Costas, a quen o Goberno galego requiriu información sobre actuacións na zona do Estado no ano 2022 - de rexeneración do borde litoral e de retirada de hidrocarburos na parcela da antiga fábrica da Onza de Oro durante esas obras-, a presentación dunha proposta de investigación analítica para coñecer o estado actual así como a proceder de forma inmediata a realizar os traballos necesarios para a contención da contaminación.
Así, explicou que o departamento estatal contestou ao requirimento dunha investigación de xeito incompleto, un mes despois, polo que foi remitido un novo requirimento para que se subsanasen as deficiencias detectadas nun prazo de 10 días. O pasado venres pola tarde foi recibida unha nova proposta, que foi aprobada este martes polo que concédese un prazo de 4 meses a Costas para que presente o seu informe final e, partir dos resultados obtidos, determinaranse as actuacións a seguir.
Tamén sinalou que foi solicitado no mes de xaneiro ao Concello de A Pobra do Caramiñal un Informe sobre as medidas urbanísticas adoptadas, previstas ou en curso en relación coas instalacións de Hadasa, Información sobre as actuacións ou medidas de seguridade realizadas respecto aos residuos detectados e sobre as accións destinadas a mitigar os riscos ambientais e protexer a salubridade pública así como copias dos informes técnicos, expedientes ou calquera outra documentación relevante. Ao non recibirse resposta, o 18 de febreiro reitérase a petición de información da que, a día de hoxe, non consta contestación.
Unha actuación que contrasta ca realizada pola Xunta, que interveu desde o primeiro minuto desde que foi notificado o vertido. Polo que respecta á Consellería do Mar, activando o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) e desprazando ao lugar efectivos do servizo de Gardacostas de Galicia que inspeccionaron a zona e despregaron material anticontaminación e realizaron traballos de abatemento mecánico da lámina de auga contaminada para a súa eliminación. Así mesmo, interviñeron técnicos tanto da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade como de Augas de Galicia, ambos dependentes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Peche dos bancos
Por outra banda, Marta Villaverde informou que a resolución da Departamento Territorial da Consellería do Mar, pola que non se permite a actividade marisqueira en tres bancos marisqueiros debido a detección de presenza de hidrocarburos nas análises realizados polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). Esta modifica a emitida en febreiro que autorizaba a extracción de navalla en marzo e moluscos bivalvos a pe nos meses de marzo, abril e maio.
Nesta liña, sinalou que o peche destas zonas produtivas está condicionado aos resultados de vindeiras análises que realice o Intecmar para comprobar a evolución da presenza de hidrocarburos e, no caso de que se constate unha melloría, avaliarase a reapertura dos bancos afectados.