A Xunta financia con 60.000 euros as obras de mellora do Hotel Ría Mar, en Meaño
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de aloxamentos e restauración beneficiaron a máis de 55 aloxamentos e unha decena de locais de restauración da provincia de Pontevedra por valor de máis de 1,6 millóns de euros, dos cales preto de un millón corresponden a empresas da comarca do Salnés
- A nova convocatoria desta liña de axudas xa está aberta e conta cun orzamento de 4,5 millóns de euros para toda Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
O Grove (Pontevedra), 28 de febreiro de 2025
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Hotel Ría Mar, no concello de Meaño, con motivo das actuacións realizadas ao abeiro das subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de aloxamentos e restauración que ofrece a Xunta a través de Turismo de Galicia.
Os xerentes do espazo melloraron a instalación de fontanaría e electricidade, instalaron un novo sistema de incendios e renovaron a pintura do edificio grazas a unha achega de preto de 60.000 euros, coa que a Xunta cubriu o 60 % do orzamento dos traballos.
Cabe destacar que na provincia de Pontevedra beneficiáronse destas axudas máis de 55 aloxamentos e unha decena de locais de restauración por valor de máis de 1,6 millóns de euros, dos cales preto dun millón corresponden a empresas da comarca do Salnés.
O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor a "excelencia do sector turístico galego" e asegurou que "a Xunta seguirá apoiando aos empresarios e empresarias que arriscan o seu patrimonio para xerar riqueza e emprego na nosa comunidade autónoma".
A convocatoria deste ano conta con 1M€ máis de orzamento, co que o sector contará con 4,5M€ en toda Galicia para estas actuacións.