A Xunta licita por 355.000 euros o servizo de transporte de mostras biolóxicas da Fundación Pública de Medicina Xenómica
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O contrato ten por obxecto garantir o transporte diario das mostras biolóxicas obtidas no conxunto dos hospitais da rede sanitaria pública galega
- O contrato terá unha duración inicial de dous anos, prevéndose a posibilidade de dúas prórrogas máis de carácter anual
- As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 30 de abril
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025
O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación, por importe de 355.184 euros, do servizo de recollida e transporte de mostras biolóxicas da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
O obxecto deste contrato é garantir o transporte diario -programado e non programado- das mostras biolóxicas obtidas no conxunto dos hospitais da rede sanitaria pública galega, así como da súa documentación asociada, de acordo ás distintas necesidades de conservación e seguridade.
O contrato terá unha duración inicial de dous anos, prevéndose a posibilidade de dúas prorrogas máis de carácter anual.
As empresas interesadas en participar neste procedemento poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 30 de abril.