Belén do Campo reúnese coa alcaldesa de Cambre
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 20 de marzo de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse coa alcaldesa de Cambre, María Pan, coa que abordou diferentes temas de interese para este municipio. A alcaldesa expuxo temas no eido educativo nos que a delegada lle trasladou a máxima colaboración entre administracións respectando as competencias correspondentes a cada unha. Ao mesmo tempo, lembroulle todos os investimentos que realizou a Xunta en Cambre nos últimos anos, incluída unha actuación prevista para este 2025 no IES Alfonso X O Sabio.
Ademais, recolleu varias consultas relativas a temas sanitarios e de mellora de infraestruturas. O encontro enmárcase no compromiso do Goberno galego de colaboración coas administracións locais para que poidan ofrecer máis e mellores servizos aos cidadáns.